12 de maio de 2025
A Concellería de Emprego, Comercio e Mercados organiza dous cursos de formación gratuítos, para persoas emprendedoras
A Concellería de Emprego, Comercio e Mercados do Concello da Coruña organiza dous cursos de formación gratuítos, de 20 horas de duración cada un, para persoas emprendedoras.
O primeiro deles trátase dun curso de elaboración dun plan de empresa. O obxectivo é formar as persoas asistentes para que sexan capaces de realizaren un Plan de empresa que lles permita fixar a estratexia da súa empresa. O curso impartirase os días 26, 27, 28, 29 e 30 de maio, de 16.00 a 20.00 horas.
O segundo é un curso de comercialización e venda. O obxectivo é capacitar as persoas asistentes en comercializar produtos e servizos, dotalas e formalas en técnicas de venda e nos coñecementos básicos necesarios para desempeñaren con éxito a súa actividade comercial. Este curso impartirase os días 9, 10, 11, 12 e 13 de xuño, de 16.00 a 20.00 horas.
Ambos os cursos serán impartidos no centro municipal Accede Papagaio (praza do Papagaio, baixo, 15002 A Coruña). As inscricións son gratuítas, con inscrición previa, ata completar a capacidade.
Máis información e inscrición
Centro Municipal de Empresas (Accede Papagaio). Plaza Papagaio, s/n, 15002, A Coruña.
Teléfono: 981 189 887
Correo electrónico: empresa@coruna.gal
O coworking é unha forma de traballo que permite a profesionais independentes, emprendedores e pemes de diferentes sectores, compartir un mesmo espazo de traballo, tanto físico como virtual, para desenvolver os seus proxectos profesionais de maneira independente, á vez que fomentan proxectos conxuntos.
Con certificado dixital:
Presentar a instancia xeral do Concello xunto coa solicitude de espazos Accede Papagaio e a documentación que corresponda a través da sede electrónica do Concello.
Sen certificado dixital:
Presentar a instancia xeral nunha oficina de Rexistro do Concello da Coruña xunto coa solicitude de espazos en Accede Papagaio e a documentación que corresponda.
Utilización e aproveitamento de 66 postos nos espazos compartidos do centro, polas persoas ou empresas que resulten adxudicatarias conforme ás normas e procedementos establecidos na normativa reguladora do centro. O importe mensual será o seguinte:
Cadro de tarifas:
PREINCUBADORA DE PROXECTOS EMPRESARIAIS, o custo/mes:
|
Seis primeiros meses |
Gratuíto |
|
Do sétimo ao duodécimo mes, inclusive, as tarifas serán as que seguen: |
|
|
Localización en 1 módulo de 1 promotor/a para un mesmo proxecto |
60,00 € |
|
Localización en 2 módulos de 2 promotores/as para un mesmo proxecto |
70,00 € |
|
Localización en 3 módulos de 3 promotores/as dun mesmo proxecto |
80,00 € |
|
Localización en 4 módulos de 4 promotores/as dun mesmo proxecto |
90,00 € |
|
Localización en 5 módulos de 5 promotores/as dun mesmo proxecto |
100,00 € |
INCUBADORA DE EMPRESAS, o custo/mes:
|
Localización en 1 módulo de 1 promotor/a para un mesmo proxecto |
108,00 € |
|
Localización en 2 módulos de 2 promotores/as para un mesmo proxecto |
128,00 € |
|
Localización en 3 módulos de 3 promotores/as para un mesmo proxecto |
138,00 € |
|
Localización en 4 módulos de 4 promotores/as para un mesmo proxecto |
148.00 € |
|
Localización en 5 módulos de 5 promotores/as para un mesmo proxecto |
158.00 € |
Para o caso de usos puntuais das salas de reunións, salón de actos (sala conecta), espazos de formación, e postos compartidos por persoa ou entidade distinta ás enumeradas no apartado anterior, as tarifas virán determinadas en función do tempo de utilización da seguinte maneira:
|
OCUPACIÓNS PUNTUAIS |
Xornada completa |
Media xornada |
Por horas |
|
Salas reunión tipo A (grande), custo/día |
60,00 € |
30,00 € |
10,00 € |
|
Salas reunión tipo B (pequena), custo/ día |
50,00 € |
22,00 € |
8,00 € |
|
Salón de actos (sala conecta), custo/día |
120,00 € |
60,00 € |
15,00 € |
|
Espazos de formación (mesa onda e sala de formación), custo/día |
100,00 € |
50,00 € |
12,00 € |
|
Custo dun módulo mes |
150 € |
------- |
-------- |
|
Custo dun módulo semana |
60 € |
------- |
------ |
|
Custo dun módulo día |
35 € |
20 € |
---- |
|
Custo dun módulo hora |
------ |
------ |
10 € |
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible