Concello da Coruña

Concello da Coruña

Alma de Labú Teatre

Teatro de obxectos e movemento.

A quen vai dirixido:

Familias, Para público en xeral

Cando:

26/10/2025

INICIO DAS VENDAS: O venres anterior a cada espectáculo, nos horarios habituais da Praza de Ourense e en Ataquilla.com

Xa rematou

Horario:

11:30 h y 13:00 h 

Duración:

40 min

Enderezo:

Auditorio do Centro Sociocultural Ágora. Lugar Gramela 17. 15010 A Coruña

Requisitos:

Acceso

• Pídese puntualidade. Non se permitirá acceder á sala unha vez que comece a función.

• Todas as persoas deben acceder con entrada.

• Non se permite comida nin bebida (agás auga).

• Non está permitido sacar fotos nin gravar.

• Capacidade reducida.

Organiza:

IMCE

Un espectáculo visual para a primeira infancia

Primavera, verán, outono e inverno. Alma é unha viaxe poética e sensorial a través das catro estacións do ano, cada unha cunha esencia propia que tomará forma a través dos obxectos e materiais cos que se irá atopando a protagonista.

Alma é un espectáculo para a primeira infancia de pequeno formato baseado no teatro de obxectos e no movemento. Os máis pequenos gozarán dunha proposta con materiais naturais, divertida e poética, que fala do paso do tempo.

EQUIPO ARTÍSTICO

  • Idea orixinal e dirección: Anna Ros

  • Interpretación: Anna Ros

  • Espazo escénico: Martí Doy e LaBú Teatro

  • Deseño de vestiario: Victoria Cretenze e Iztok Hgra

  • Música orixinal: Marcel Fabregat e Joel Condal

  • Deseño de iluminación: Sergi Illa

  • Deseño gráfico: Andrea Contreras

  • Fotografía: Arian Botey

  • Vídeo: Julián Waisbord

Entradas

• Entrada xeral: 6,00 €

• Abono familiar (3 entradas para a mesma función): 15,00 € -  Dispoñible únicamente nos despachos de venda física.

• Menores de 3 anos: 2,00 €

Venda de billetes

• Online: www.ataquilla.com

• Despacho de billetes da Praza de Ourense (agás festivos): Luns a venres 11:00 - 15:00 h e 16:30 - 19:30 h.

• Despacho de billetes do Ágora: desde 1 hora antes do comezo da función (se quedan entradas dispoñibles).

• Pagamentos: tarxeta de débito/crédito (agás American Express).

Máis información: www.coruna.gal/cultura

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión