Concello da Coruña

Concello da Coruña

O meu pago

O meu pago é un servizo que a través de distintos medios (presencial e electrónicos) permítelle pagar recibos, multas, liquidacións ou autoliquidacións, e outras débedas no ámbito do Concello da Coruña.

En que consiste?:

Pode realizar o pagamento dos seus recibos, multas, liquidacións, autoliquidaciones e demais débedas, de maneira presencial ou telemática (opción recomendada). O Concello pon á súa disposición as ferramentas necesarias para que poida efectuar o pagamento de débedas sen desprazamentos.

Canles de presentación

Presencial

Que se necesita?:

Para poder realizar o pagamento é necesario que dispoña do documento de ingreso co código de barras. Recibos de impostos anuais (IBI, Vehículos, IAE etc.), documentos de pagamento de autoliquidacións (plusvalías, alta de vehiculos, taxas municipais e prezos públicos), multas de tráfico, multas da ORA, documentos de liquidacións emitidos polos diferentes servizos municipais e demais ingresos de dereito público.

Como se fai?:

En oficina bancaria

En calquera oficina de ABANCA, BANCO SANTANDER, BANCO SABADELL, CAIXABANK e BBVA. (No seu horario de apertura ao público)

Excepcións:

  • Multas de Tráfico: No caso das multas de tráfico se se realizase o pagamento por entidade financeira unicamente poderá realizarse en ABANCA, SANTANDER e BBVA
  • Débeda en período executivo: no caso de débedas en período executivo se se realizase o pagamento por entidade financeira unicamente poderá realizarse en ABANCA e CAIXABANK

En caixeiros automáticos

Nas entidades ABANCA, BANCO SANTANDER, BANCO SABADELL, CAIXABANK e BBVA. Coas mesmas excepcións indicadas anteriormente para as multas de tráfico e as débedas en executiva.

En caixa municipal

O pagamento na caixa poderá facerse en metálico ou a través de cheque a nome do Excmo. Concello da Coruña, conformado ou certificado pola entidade bancaria, e a través de tarxetas de débito e crédito.

Internet

Que se necesita?:

Esta é a opción máis recomendada posto que non hai limitación polo tipo de ingreso, podendo realizar o pagamento de calquera débeda e con tarxeta de calquera entidade bancaria, sen custo, evitando desprazamentos. Para poder realizar o pagamento é necesario contar co documento de ingreso co código de barras.

Como se fai?:

Desde o computador

  • Sen certificado dixital: Poderase pagar con tarxetas de calquera entidade bancaria, a través das pasarelas de pagamento de ABANCA e CAIXABANK, sen custo.
  • Con certificado dixital: Na Sede electrónica, na Oficina Virtual do Contribuínte

Teléfono

O meu pago en liña

Información tributaria

Se desexa coñecer máis información sobre tributos, taxas, calendario fiscal, domiciliación de recibos ou pago aprazado pode consultar información detallada na web de Facenda ou consultar os procedementos dispoñibles nesta sede relacionados coa materia

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión