Teatro físico, danza, clown
Familias, Para público en xeral
05/12/2026
18.00 h
45 min
Auditorio do Fórum Metropolitano. Rúa Río Monelos 1. 15006 A Coruña
ENTRADA: 6,00 €
A persoa que adquira entradas con desconto debe presentar a acreditación correspondente, no momento de comprar as entradas e de acceder ao auditorio.
NORMAS DE ACCESO AO RECINTO
Pídese puntualidade. Unha vez comezado o espectáculo, non se permitirá o acceso á sala nin se garante se se abandona a sala durante o espectáculo.
Ao acceder ao teatro, poderase pedir o documento que acredite o beneficio dalgún dos descontos aplicables segundo a política de descontos.
Non se admiten cambios nin devolucións, excepto en caso de suspensión.
Non se permite o consumo de alimentos nin bebidas na sala.
Non está permitido gravar ou fotografar os espectáculos.
Apaguen os móbiles antes de que comece a representación. O seu son e luz molestan a público e artistas.
O teatro ten reservado o dereito de admisión.
Por normativa de evacuación, todas as persoas que accedan ao teatro teñen que contar con entrada, independentemente da idade ou de que ocupen ou non butaca.
Os carros e soportes de bebés deixaranse nos espazos habilitados para eles fóra da sala. O persoal do teatro daralle indicacións.
Recomendamos consultar a sinopse e idades recomendadas dos espectáculos, xa que non todas as persoas gozan do mesmo xeito.
Garde as súas localidades durante a representación; poderán serlle requiridas polo/a responsable da sala.
A organización resérvase o dereito de recolocación da localidade por causas xustificadas e necesarias.
RECOMÉNDASE:
Seguir as instrucións do persoal de sala.
Actuar con responsabilidade.
Instituto Municipal Coruña Espectáculos (IMCE)
forummetropolitano@coruna.gal
En escena, dous personaxes conviven no mesmo espazo. Un deles, afogado polo traballo, intenta sobrevivir baixo unha chea de papeis. As tarefas non deixan de acumularse... Non dá feito con todo o que hai que facer!
A súa compañeira, no canto de axudarlle, interrómpea constantemente e só pensa en xogar. Será posible que non atope tempo para xogar con ela? Un pouquiño? Un instante? Entre ambos desátase unha divertida batalla chea de humor e acrobacias, onde se enfrontan dúas visións da vida.
Duración: 45 min
Público familiar. Espectáculo recomendado a partir de 5 anos
Compañía: SÖA
Autoría, dirección e elenco: Carlota Rosón Rojo e Martín Blanco
VENDA DE ENTRADAS:
Entidades
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible