Concello da Coruña

Concello da Coruña

CUID

Convocatoria usos instalacións deportivas

Canles:

Telemático

Nivel de tramitacion electronica:

Tramitación electrónica

Tipo:

Autorizacións, licenzas, concesións e homologacións, Dominio Público

Materia:

Deporte

Órgano responsable:

Deportes

Vixente:

Si

Este procedemento ten por obxecto establecer a repartición de horas de uso das instalacións deportivas municipais, para a actividade deportiva de adestramento, ás entidades que o soliciten.

Convocatoria usos instalacións deportivas

Inscricións:

Dende o 10/06/2022 ata o 24/06/2022

Sobre o procedemento

A quen vai dirixido?:

  1. Entidades deportivas con sede social na cidade da Coruña.
  2. Deportistas individuais con licenza federativa empadroados na cidade da Coruña.
  3. Sociedades Anónimas Deportivas con sede social na cidade da Coruña.

Requisitos:

  1. Que as actividades deportivas de adestramento teñan como obxectivo a participación e/ou consecución dun resultado deportivo en competicións desenvolvidas no ámbito federativo ou nas competicións recoñecidas pola Administración Deportiva. (Non se concederán horas para equipos ou deportistas individuais que non estean destinadas a adestramento para competición, nin se terán en conta para o cálculo da puntuación establecida no punto 8 o número de licenzas federativas correspondentes aos equipos dunha entidade deportiva que non participen en competicións.)
  2. Que a actividade se realice por unha entidade que se corresponda con calquera dos suxeitos descritos no apartado 1 das bases e cuxo adestramento e/ou competicións teñan como sede esta cidade.
  3. Na data da proposta de resolución as entidades solicitantes deberán estar inscritas (ou en trámite de inscrición) no REMAC cos datos actualizados. A inscrición no REMAC comprobarase antes da proposta de resolución definitiva.

Prezo / Custo:

Ningún

Órgano que resolve:

Titular da Concellaría Delegada de Deportes

Máis información:

Poderanse solicitar ata un máximo de 15 opcións (instalación + periodicidade semanal + franxa horaria) diferentes. Estas deberán cinguirse á oferta de instalacións recollida no Anexo I.

En tanto non se resolva esta convocatoria, continuarán vixentes os usos de instalacións deportivas da anualidade anterior.

Presentación

Prazo de presentación:

10 a 24 de xuño de 2022

Documentación necesaria:

  1. Cubrir o formulario web.
  2. Certificación acreditativa do número de licenzas federativas emitidas pola federación correspondente.
  3. Acreditación de alta no REMAC en trámite, en caso de non estar inscrita previamente.
  4. Declaración responsable segundo modelo dispoñible nesta páxina.
  5. Relación de persoal (adestradores/as, coordinadores/as ou persoal de apoio) da entidade que acode ás instalacións deportivas municipais.

Documentos relacionados

  • Declaración responsable convocatoria usos instalacións deportivas 22-23 (57 KB)
  • Anexo 1 (Pdf) - Oferta de Horas IDM 2022-23 (453 KB)
  • Anexo 1 (xls) - Oferta de Horas IDM 2022-23 (20 KB)

Canles de presentación

Presencial

Internet

Que se necesita?:

Deberá dispoñer de certificado dixital.

Unha vez cuberta a solicitude telemática (á que se accede premendo no botón TRAMITAR EN LIÑA da parte superior desta pantalla), debe ter preparados no seu equipo para achegalos ao formulario, os ficheiros necesarios, segundo se especifica no apartado "Documentación necesaria".

No proceso de presentación solicitaráselle que asine dixitalmente a documentación presentada (deberá dispoñer do programa Autofirma no seu equipo), polo que non é recomendable asinar previamente a solicitude ou outros documentos.

Como se fai?:

A través desta Sede electrónica municipal.

En aplicación do artigo 14.2 da Lei 39/2015, de Procedemento Administrativo Común, teñen a obriga de realizar este trámite, a través da Sede electrónica:

a) As persoas xurídicas.

b) As entidades sen personalidade xurídica (asociacións, sociedades civís, comunidades de propietarios etc).

c) Quen exerza unha actividade profesional para a que se requira colexiación obrigatoria, para os trámites e actuacións que realicen coas Administracións Públicas en exercicio da devandita actividade profesional. En todo caso, dentro deste colectivo entenderanse incluídos os notarios e rexistradores da propiedade e mercantís.

d) Quen represente a un interesado que estea obrigado a relacionarse electronicamente coa Administración

Páxina web:

https://sede.coruna.gal/opensiac/action/tramitacion?method=enter&id=1782

Ao formulario web que se abrirá a continuación deberá incorporar obrigatoriamente:

- As súas preferencias (máximo 15) de instalación/periodicidade/horario (segundo Anexo I).

- O documento de declaración responsable dispoñible nos apartado "Documentos Relacionados".

Teléfono

Despois

Prazo de resolución:

Tras finalizar o prazo de presentación publicarase a listaxe de solicitudes na páxina web de Deportes, e poderase requirir documentación nun prazo de 10 días hábiles.

Resolución provisional:

Formularase unha proposta de resolución provisional, que se publicará na páxina web de Deportes (www.coruna.gal/deportes), no taboleiro de edictos municipal, nos taboleiros de anuncios do Servizo de Deportes (Palacio dos Deportes de Riazor, Cidade Deportiva da Torre Arsenio Iglesias e Polideportivo do Barrio das Flores) e no teléfono de información gratuíta 010.

Alegacións e presentación de documentación:

Contra a proposta de resolución provisional poderanse interpoñer alegacións no prazo de 10 días hábiles, que se contarán a partir do día seguinte ao de publicación. As alegacións deberán presentarse pola Sede electrónica do Concello da Coruña.

Resolución definitiva:

Valoradas as alegacións, publicarase a resolución definitiva.

Recursos:

A resolución do procedemento poñerá fin á vía administrativa e contra a mesma poderá interpoñerse desde a data da súa publicación, no prazo dun mes, o recurso potestativo de reposición, ou no prazo de dous meses, o recurso contencioso administrativo.

E despois?:

A Administración poderá comprobar o uso das instalacións á comunicación presentada.

A inexactitude, falsidade ou omisión, da declaración responsable leva a declaración de ineficacia da comunicación efectuada e impide continuar gozando das instalacións, sen prexuízo das sancións que proceda impoñer por tales feitos.

Recursos posibles

  • Recurso potestativo de reposición
  • Recurso contencioso-administrativo

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión