Concello da Coruña

Concello da Coruña

Como podo facer unha captura de pantalla dun erro ou problema?

Ten varias opcións segundo o sistema operativo que utilice:

Para Windows 10 e Windows 7

Sitúese na ventá onde lle deu o erro.

Para realizar unha captura da pantalla completa, pulse o botón Imprimir pantalla (tamén pode estar etiquetado como Impr pant ou PrtScrn) do teclado. Pode estar preto da parte superior, á dereita de todas as teclas F (F1, F2 etc.) e a miúdo en liña coas teclas de frecha.

Para realizar unha instantánea só do programa que está activo, manteña pulsado o botón Alt (situado en calquera dos lados da barra espaciadora) e, a continuación, pulse o botón Imprimir pantalla.

Para realizar un recorte concreto escriba "recorte e anotación" no buscador de Windows e a continuación pulse novo recorte e utilice o punteiro do rato para tomar o recorte que desexe. Cópieo e xa o pode pegar onde desexe utilizando as teclas "control" e "v" (documento de Word ou outro).

Para Mac OS X

Realizar unha captura de pantalla da pantalla completa

Sitúese na ventá onde lle deu o erro.

No teclado, pulse Comando-Mayús-3

Realízase a captura de pantalla e gárdase como un arquivo no escritorio.

Realizar unha captura de pantalla dunha parte da pantalla

No teclado, pulse Comando-Mayús-4 e, a continuación, arrastre o punteiro en forma de cruz para seleccionar a área que se vai capturar.

Cando estea preparado para realizar unha captura de pantalla, solte o botón do rato e as teclas e realízase a captura de pantalla e gárdase como un arquivo no escritorio.

Cópieo e xa o pode pegar onde desexe utilizando as teclas "control" e "v".

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión