Concello da Coruña

Concello da Coruña

Presentación de escritos ás administracións a través de sobre en Correos

O artigo 38.4 c) da Lei 30/1992 dispón que as solicitudes, escritos e comunicacións que a cidadanía dirixa aos órganos das administracións poderán presentarse nas oficinas de Correos, na forma que regulamentariamente se determine.

A forma que regulamentariamente se determinou é a seguinte:

Acuda con dúas copias do documento para enviar a Correos, nun sobre aberto co enderezo da Administración e - a poder ser, co impreso de correo certificado e xustificante de recibimento cuberto, non é obrigatorio - entregue en Correos a documentación que quere enviar e a copia coa que vai quedar vostede. Selarán ambos, tanto o orixinal como a copia, coa data de presentación e introdúcese o orixinal no sobre que se vai remitir e volverá para a casa coa copia ben selada (lembre que se pode pedir mesmo que se poña o lugar, a hora e o minuto de admisión na copia).

Nunca se pechará o sobre antes de entregala, pois se non está selada a primeira folla, non se considerará entregado á Administración nese momento, senón cando reciba a Administración a carta.

Ao referírmonos ao orixinal cómpre ter presente que se levamos un título oficial vánnolo selar, polo que se terá que levar unha copia autentica para que a selen e non se estrague o título oficial.

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión