Concello da Coruña

Concello da Coruña

Ialma no AgoraSón da primavera 2026

Con motivo do Día das Letras Galegas e para promover a lectura en lingua galega e o préstamo de material audiovisual, o Servizo de Normalización Lingüística, en colaboración coas Bibliotecas Municipais do Concello da Coruña, organiza o AgoraSón primavera 2026, con Ialma en concerto.

A quen vai dirixido:

Para público en xeral

Cando:

15/05/2026

Inscricións:

Dende o luns 11 de maio, entregaranse un máximo de dúas invitacións por carné de socia/o das Bibliotecas Municipais da Coruña (até esgotárense) ao coller libros ou outro material en galego para os levar en préstamo. Comproba o horario de apertura da túa biblioteca municipal de referencia.

De sobraren invitacións, estarán ao dispor do público o mesmo día do concerto (15 de maio) pola tarde na biblioteca do Centro Ágora.

Horario:

21.00 horas 

Duración:

60 min aprox.

Enderezo:

Centro Sociocultural Ágora. Lugar Gramela 17. 15010 A Coruña

Prezo:

De balde con invitación

Contacto:

Teléfono: 981 189 888

Correo: lingua@coruna.gal 

Esta edición do AgoraSón terá como protagonistas a Ialma.

O Servizo de Normalización Lingüística, o venres 15 de maio ás 21.00 horas, volve organizar o concerto do AgoraSón primavera (co gallo do Día das Letras Galegas) e para promover a lectura e o emprego de materiais audiovisuais en lingua galega), en colaboración coas Bibliotecas Municipais da Coruña.

Ialma é o cuarteto formado por Verónica Codesal, Natalia Codesal, Marisol Palomo e Eva Fernández. Aínda que residen en Bruxelas, manteñen unha conexión permanente coa súa terra natal, Galicia. Durante 25 anos, a cultura musical e tradicional galega foi para elas fonte inesgotable de inspiración. Dende esas raíces construíron un repertorio de cancións que celebran diversos aspectos da vida cotiá: a vida das mulleres de hoxe, en contacto con múltiples culturas, linguas e estéticas musicais. 

Dende o seu debut no ano 2000, co seu primeiro álbum, Palabras darei, percorreron un longo camiño e con multitude de concertos foron forxando a súa reputación como embaixadoras da cultura galega a nivel internacional. Agora, celebran o seu 25 aniversario co seu sétimo traballo, Homenaxe, nun concerto que honra a memoria e a resistencia e que será unha viaxe musical pola emoción e a celebración.

A asistencia será de balde, mais precisará a recollida previa de invitación nas Bibliotecas Municipais

Repartimento de invitacións

Repartiranse as invitacións, ata esgotárense, co préstamo de material en lingua galega (libros, películas, CDs de música etc.) dende o luns 11 de maio nas bibliotecas municipais no horario de apertura de cada centro.

Faranse dúas quendas de repartimento: 

  • Horario de mañá: a partir das 9.00 h
  • Horario de tarde: a partir das 16.00 h

Consulta os Horarios  de cada unha das bibliotecas e do Punto de Préstamo de Mesoiro.

Repartiranse dúas invitacións por carné. Son sen numerar.

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión