Concello da Coruña

Concello da Coruña

Pódese acceder á sede electrónica desde o móbil?

Os servizos da sede electrónica presentan distinto nivel de accesibilidade desde teléfonos móbiles. Estes servizos están a adaptarse progresivamente para a súa plena operatividade nos distintos tipos de dispositivos.

Nivel de accesibilidade dos distintos tipos de servizos desde dispositivos móbiles

Portal de información e acceso a servizos da sede electrónica

Este portal (guía de procedementos e servizos etc.) é accesible desde dispositivos móbiles desde calquera navegador.

Servizos de rexistro, tramitación electrónica, consulta de expedientes e notificacións electrónicas

O acceso desde dispositivo móbil a estes servizos é factible desde os navegadores soportados, fóra da tramitación dunha solicitude que non se poderá asinar e por tanto presentar.

Para o acceso a estes servizos utilizarase Cl@ve ben mediante clave concertada (usuario e contrasinal) ou ben mediante o uso dos certificados instalados no móbil (para isto último consulte Como uso ou instalo un certificado electrónico nun dispositivo móbil? )

Para o uso do DNI electrónico 3.0 debe dispoñer dun móbil con sistema de lectura de DNI electrónico chamado NFC xunto cunha app que permita o seu uso. Actualmente isto só é posible para dispositivos móbiles con sistema operativo Android 4.2 ou superior, no repositorio oficial de Play Store, buscando polo desenvolvedor CNP-FNMT.

Para a sinatura do xustificante de recibimento nas notificacións telemáticas, será necesario instalar a app "Cliente móbil @firma".

Oficina Virtual Tributaria

Este servizo, aínda que é accesible desde dispositivos móbiles, presenta consideracións no seu acceso que cómpre ter en conta:

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión