Presentación e coloquio do libro "Mujeres negras en la filosofía" de Zinthia Palomino e Nina Sefcik, en colaboración co Colectivo Loairas.
Persoas adultas
22/02/2025
Xa rematou
Entrada libre ata completar a capacidade.
18.30 horas.
Biblioteca Municipal Ágora. Lugar Gramela 17. 15011 A Coruña
981 189 886
O sábado 22 de febreiro ás 18.30 horas terá lugar na Biblioteca Ágora a presentación do libro "Mujeres negras en la filosofía", de Zinthia Palomino (proxecto) e Nina Sefcik (ilustración).
Este libro reúne unha colección de historias ilustradas de referentes de mulleres racializadas na filosofía que foron invisibilizadas co obxectivo de reivindicar a capacidade da muller negra de pensar por si mesma sobre o seu entorno e as cuestións que lle afectan, pero non só a ela senón tamén na construción dun mundo onde exista a mirada da muller negra dentro do canon filosófico.
Sobre Zinthia Palomino
Zinthia Álvarez Palomino é periodista, conferenciante, escritora e activista antirracista. Escribe en medios de comunicación de referencia centrados nas vivencias das mulleres negras como é o caso de Píkara Magazine e Afroféminas, entre outros. Ademais é promotora do proxecto educativo "Mujeres negras que cambiaron el mundo", con dous libros para todos os públicos: "Mujeres negras en la ciencia" e "Mujeres negras en la filosofía".
Sobre Nina Sefcik
Viviu durante 7 anos en Dublín (Irlanda), onde se formou en ilustración en Ballyfermot College. Os seus traballos abarcan a ilustración editorial, retratos de paisaxe urbano, packaging, deseños de logotipos ilustrados e mapas de cidades estilizados. No centro do seu traballo sempre hai un ser humano, e ilustrar os libros "Mujeres negras en la ciencia" e "Mujeres negras en la filosofía" son oportunidades para inspirar ao público lector a cambiar o mundo.
Tamén che pode interesar
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible