Concello da Coruña

Concello da Coruña

Sen Numerar Outono 2026 - XOGUETES ROTOS

Espectáculo de teatro físico

A quen vai dirixido:

Para público en xeral

Cando:

09/10/2026

Horario:

20.30 h

Duración:

70 min

Enderezo:

Auditorio do Fórum Metropolitano. Rúa Río Monelos 1. 15006 A Coruña

Prezo:

ENTRADA: 9,00 €

  • Carné xove, maiores de 65 anos, persoas desempregadas, familia numerosa, persoas con certificado de discapacidade e 1 acompañante: 7,00 €

A persoa que adquira entradas con desconto debe presentar a acreditación correspondente, no momento de comprar as entradas e de acceder ao auditorio-

Requisitos:

NORMAS DE ACCESO AO RECINTO

Pídese puntualidade. Unha vez comezado o espectáculo, non se permitirá acceder á sala nin se garante se se abandona a sala durante o espectáculo.

Ao acceder ao teatro, poderase pedir o documento que acredite o beneficio dalgún dos descontos aplicables segundo a política de descontos.

Non se admiten cambios nin devolucións, excepto en caso de suspensión.

Non se permite o consumo de alimentos nin bebidas na sala.

Non está permitido gravar ou fotografar os espectáculos.

Apaguen os móbiles antes de que comece a representación. O seu son e a luz molestan o público e os/as artistas.

O teatro ten reservado o dereito de admisión.

Por normativa de evacuación, todas as persoas que accedan ao teatro teñen que ter entrada, independentemente da idade ou de que ocupen ou non butaca.

Os carros e soportes de bebés deixaranse nos espazos habilitados para eles fóra da sala. O persoal do teatro daralle indicacións.

Recomendamos consultar a sinopse e as idades recomendadas dos espectáculos, xa que non todas as persoas gozan do mesmo xeito.

Garde as súas localidades durante a representación; poderán ser requiridas polo/a responsable da sala.

A organización resérvase o dereito de recolocación da localidade por causas xustificadas e necesarias.

RECOMÉNDASE:

Seguir as instrucións do persoal de sala.

Actuar con responsabilidade.

Organiza:

Instituto Municipal Coruña Espectáculos (IMCE)

Contacto:

forummetropolitano@coruna.gal

A peza narra a historia de Mario, un mozo nado nos anos 50 na comarca do Ribeiro. Mario non encaixa na súa aldea natal, non lle gusta o traballo no campo, non quere seguir as normas de seu pai e a súa natureza interior choca coa España sombría e a lei de vagos e maleantes da época.

A obra explora a transformación, a identidade e a procura dun lugar no mundo de Mario, quen comeza a dubidar de todo, mesmo do seu nome.

Duración: 70 min

Compañía: coprodución de Barrosanta e ButacaZero

Autoría: Carolina Román (adaptación de Roberto Pascual)

Dirección: Xavier Castiñeira

Elenco: Anxo Outumuro e Dani Lago

Público: +14 anos

Espectáculo en galego

VENDA DE ENTRADAS:

  • Despacho de billetes da praza de Ourense (excepto festivos): de luns a venres, de 11.00 a 15.00 h e de 16.30 a 19.30 h
  • Despacho de billetes do Fórum Metropolitano: desde unha hora antes do comezo do espectáculo (sempre que queden entradas dispoñibles)
  • ataquilla.com

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión