Concello da Coruña

Concello da Coruña

STAGECOACH (A dilixencia) de John Ford

STAGECOACH (A dilixencia), o clásico do mes de outubro

A quen vai dirixido:

Para público en xeral

Cando:

Os días 02/10/2026, 03/10/2026

Horario:

Venres ás 20.00 h

Sábado ás 17.30 e 20.00 h

Duración:

99 minutos

Enderezo:

Cines Fórum Metropolitano. Rúa Río Monelos 1. 15006 A Coruña

Prezo:

Prezo: 3,00 €

Descontos: carné Xove, maiores 65 anos, persoas desempregadas 2,00 €

Proxección dos sábados ás 17.30 h: prezo único 1,50 €

** Para a aplicación dos descontos é imprescindible presentar o documento que o acredite no momento de comprar a entrada e no acceso ao lugar de proxección.

Requisitos:

NORMAS DE ACCESO AO RECINTO

  • Rógase puntualidade. Unha vez comezada a proxección non se permitirá o acceso á sala nin se garante se se abandona a sala durante a mesma
  • Ao acceder á sala de cinema poderase pedir o documento que acredite o beneficio dalgún dos descontos aplicables segundo política de descontos
  • Non se admiten cambios nin devolucións excepto en caso de suspensión
  • Non se permite o consumo de alimentos ou bebidas na sala
  • Non está permitido gravar ou fotografar as películas
  • Apaguen os móbiles antes de que comece a proxección. O seu son e luz molestan o público asistente
  • As salas de cinema teñen reservado o dereito de admisión
  • Por normativa de evacuación, todas as persoas que accedan ás salas de cinema teñen que contar con entrada, independentemente da idade que teñan e de que ocupen ou non butaca
  • Os coches e soportes de bebés deixaranse nos espazos habilitados para eles fóra da sala. O persoal do edificio daralles indicacións
  • Recomendamos consultar a sinopse e idades recomendadas das películas
  • Garde as súas localidades durante a proxección; poderán ser requiridas polo responsable da sala
  • A organización resérvase o dereito de recolocación da localidade por causas xustificadas e necesarias

RECOMÉNDASE:

  • Actuar con responsabilidade

Organiza:

Instituto Municipal Coruña Espectáculos (IMCE)

Contacto:

forummetropolitano@coruna.gal

Cinemanía Clásica - STAGECOACH (A dilixencia) de John Ford

Con John Wayne, Claire Trevor

Estados Unidos 1939

99 minutos - Proxección en VOSE

Personaxes moi variados emprenden unha longa, dura e perigosa viaxe en dilixencia. Entre eles, un fóra da lei en busca de vinganza, unha prostituta á que botaron da vila, un xogador, un médico, a muller embarazada dun militar, un shériff. As relacións entre eles serán difíciles e tensas. Ademais, durante a viaxe, terán que afrontar o ataque dunha partida de indios apaches.

1939 - Óscar ao mellor actor de elenco e á mellor BSO

Venres 2 - 20.00 h

Sábado 3 - 17.30 e 20.00 h

VENDA DE LOCALIDADES

  • Venda en liña: Ataquilla.com
  • Venda no despacho de billetes do Fórum: unicamente días de proxección desde media hora antes (sempre que queden localidades dispoñibles)
  • Venda no despacho de billetes da praza de Ourense: de luns a venres de 11.00 h a 15.00 h e de 16.30 a 19.30 h (excepto festivos)

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión