Concello da Coruña

Concello da Coruña

SPDCLMA

Subvención para a promoción e dinamización do comercio local e os mercados de abastos da Coruña, 2026

Canles:

Telemático

Nivel de tramitacion electronica:

Tramitación electrónica

Tipo:

Axudas, becas e subvencións

Materia:

Comercio, Sector público

Órgano responsable:

Emprego, Empresa, Turismo, Porto, Mercados, Consumo

Vixente:

Si

Concesión de subvencións, en réxime de concorrencia competitiva, destinadas á realización de actividades de dinamización do comercio local e dos mercados de abastos no municipio da Coruña durante o ano 2026

Serán subvencionables as actividades abertas e gratuítas dirixidas á cidadanía que teñan por finalidade a promoción e dinamización do comercio de proximidade e dos mercados de abastos do Concello da Coruña, tales como campañas promocionais, eventos comerciais, feiras, accións de márketing ou iniciativas de decoración comercial, entre outras actuacións análogas.

Subvención para a promoción e dinamización do comercio local e os mercados de abastos da Coruña, 2026

Inscricións:

Dende o 23/07/2026 ata o 12/08/2026

Sobre o procedemento

A quen vai dirixido?:

Asociacións de comerciantes e/ou empresarios/as legalmente constituídas, sen ánimo de lucro, con estatutos que recollan exclusivamente fins de natureza comercial ou relacionados co apoio e a dinamización do comercio, e inscritas, cunha antigüidade mínima dun ano, no Rexistro Municipal de Asociacións da Coruña (REMAC), que teñan o seu domicilio e desenvolvan a súa actividade no municipio

Requisitos:

• Estar legalmente constituídas como asociacións, sen ánimo de lucro, e inscritas, cunha antigüidade mínima dun ano, no Rexistro Municipal de Asociacións da Coruña (REMAC), con anterioridade á finalización de prazo de presentación de solicitudes.

• Ter o domicilio fiscal no Concello da Coruña e desenvolver as súas actividades no termo municipal da Coruña.

• Estar ao corrente no cumprimento dos seus deberes tributarios coa Axencia Estatal de Administración Tributaria (AEAT), coa Seguridade Social e co Concello da Coruña.

• Cumprir os requisitos destas bases e a súa convocatoria.

• Non incorrer nas causas de exclusión ou prohibición para obter a condición de beneficiaria de subvencións.

Prezo / Custo:

Ningún

Órgano que resolve:

Titular da Concellería de Emprego, Comercio e Mercados, por delegación da Xunta de Goberno Local (BOP do 05.07.2024)

Máis información:

O crédito total ascende a 80.000,00 euros. A contía máxima por entidade será de 10.000,00 euros e poderase financiar ata o 100% do proxecto subvencionable.

As actividades deberán executarse e desenvolverse entre 1 de xaneiro e o 31 de decembro de 2026, ambos incluídos.

Presentación

Prazo de presentación:

  • Do 23 de xullo ao 12 de agosto de 2026 (ambos incluídos)

Documentación necesaria:

As solicitudes presentaranse obrigatoriamente por medios electrónicos, a través do formulario normalizado "Solicitude xeral", e deberán ir acompañadas da documentación que se indica a continuación:

- Anexo I. Solicitude.

- Copia dos estatutos da entidade, debidamente rexistrados, se for o caso, no Rexistro público que corresponda.

- Anexo II. Memoria descritiva e de actuación do proxecto ou actividades para as que se solicita a subvención.

- Anexo III. Certificado da composición da Xunta Directiva.

- Designación da conta bancaria. Non será necesario achegar novamente o modelo 040 cando a entidade solicitante xa comunicase os seus datos bancarios e estes non experimentasen ningunha modificación.

- Anexo IV. Certificado expedido pola Secretaría da entidade, co visto e prace da Presidencia.

- Anexo V. Autorización de gastos vinculados.

Documentos relacionados

  • A - Formulario de alta en terceiros (93 KB)
  • Solicitude_Anexo I. Solicitude (343 KB)
  • Solicitude_Anexo II. Memoria (290 KB)
  • Solicitude_Anexo III. Composición da Xunta Directiva (250 KB)
  • Solicitude_Anexo IV. Certificado (247 KB)
  • Solicitude_Anexo V. Gasto vinculado (263 KB)
  • Xustificación_Anexo VI. Solicitude de pago (305 KB)
  • Xustificación_Anexo VII Memoria final (277 KB)
  • Xustificación_ Anexos VIII-IX (31 KB)

Canles de presentación

Presencial

Que se necesita?:

  • Procedemento de tramitación telemática obrigatoria.

Internet

Que se necesita?:

  • Deberá dispor de certificado dixital.
  • Unha vez cuberta a solicitude telemática, debe ter preparados os ficheiros que necesite para xustificar a subvención que solicita, de acordo co que se especifica no apartado "Documentación necesaria".
  • No proceso de presentación, solicitaráselle que asine dixitalmente a documentación presentada (deberá dispoñer de Autofirma no seu equipo), polo que non é recomendable asinar previamente a solicitude ou outros documentos.

Como se fai?:

  • A través desta sede electrónica municipal.

En aplicación do artigo 14.2 da Lei 39/2015, de Procedemento Administrativo Común, teñen a obriga de realizar este trámite a través da Sede electrónica:

a) As persoas xurídicas.

b) As entidades sen personalidade xurídica (asociacións, sociedades civís, comunidades de propietarios, etc).

c) Quen exerza unha actividade profesional para a que se requira colegiación obrigatoria, para os trámites e actuacións que realicen coas administracións públicas en exercicio da dita actividade profesional. En todo caso, dentro deste colectivo entenderanse incluídos os/as notarios/as e rexistradores/as da propiedade e mercantís.

d) Quen represente a unha persoa interesada que estea obrigada a relacionarse electronicamente coa Administración.

Páxina web:

Tramitar

Teléfono

Despois

Prazo de resolución:

O prazo máximo para resolver e notificar a resolución será de 9 meses, que contarán a partir da publicación da correspondente convocatoria no Boletín Oficial da Provincia.

Sentido do silencio administrativo:

Desestimatorio

E despois?:

Xustificación

Para a xustificación e, en todo caso, como data límite o 31 de marzo de 2027, a documentación xustificativa deberá presentarse por medios electrónicos, a través do formulario normalizado "Solicitude xeral", e deberá ir acompañada da documentación que se indica a continuación:

- Impreso de solicitude xeral.

- Anexo VI. Solicitude de pago e xustificación.

- Anexo VII. Memoria final descritiva e de actuación do proxecto a actividades realizadas.

- Facturas e demais documentos de valor probatorio equivalente.

- Xustificantes bancarios do pago das facturas e demais documentos de valor probatorio equivalente. (Non se admitirán pagos en efectivo).

- Anexo VIII. Conta xustificativa.

- Anexo IX. Relación de gastos.

- Probas do cumprimento das obrigas de publicidade mediante a achega de documentos gráficos e/ou audiovisuais nos que conste a colaboración do Concello da Coruña en toda a información (impresa, informática, audiovisual, internet e redes sociais) que se realizou en relación coas actividades subvencionadas. Así mesmo, deberá achegarse unha evidencia documental da publicación na páxina web da entidade, mediante capturas de pantalla ou outros medios que permitan comprobar o seu contido e a inclusión da colaboración do Concello da Coruña.

Se a documentación xustificativa presentada resulta incorrecta, incompleta ou insuficiente, o órgano competente requiriralle á entidade beneficiaria que proceda a emende no prazo 10 días hábiles desde que reciba a notificación correspondente.

Recursos

As resolucións ditadas ao amparo desta convocatoria e as súas bases reguladoras poñerán fin á vía administrativa e contra elas poderán interpoñerse os seguintes recursos, sen prexuízo de que as entidades interesadas poidan exercer calquera outro que consideraren procedente:

a) Recurso potestativo de reposición.

b) Recurso contencioso-administrativo.

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión