Concello da Coruña

Concello da Coruña

PPT

Concurso Ordinario, C.E. 1/19

Canles:

Telemático, Presencial

Nivel de tramitacion electronica:

Descarga e envío do formulario

Tipo:

Recursos humanos

Materia:

Emprego

Órgano responsable:

Persoal e Recursos Humanos

Vixente:

No

Participación na convocatoria de provisión dos postos de traballo vacantes e dotados economicamente nos orzamentos do Concello da Coruña mediante o procedemento de concurso ordinario.

O proceso consta de dúas fases:

  • Unha primeira fase, que terá por obxecto a convocatoria das vacantes ofertadas. O persoal interesado poderá solicitar por orde de preferencia os postos relacionados no anexo I da convocatoria, sempre que reúna as condicións esixidas nel.
  • Unha segunda fase de resultas, que se iniciará unha vez finalizada a primeira fase.

Concurso Ordinario, C.E. 1/19 - FASE DE RESULTAS

Inscricións:

Dende o 15/05/2024 ata o 05/06/2024

Sobre o procedemento

A quen vai dirixido?:

Persoal funcionario de carreira do Excmo. Concello da Coruña, así como o persoal doutras Administracións Públicas nos casos en que así estea previsto na correspondente relación de postos de traballo (RPT), agás os suspensos en firme mentres dure a suspensión, sempre que reúnan as condicións e requisitos esixidos na convocatoria na data en que termine o prazo de presentación de instancias. Estes requisitos deberán manterse ata a data de toma de posesión no posto adxudicado.

Requisitos:

  • Permanecer un mínimo de dous anos no último posto obtido con carácter definitivo.

  • Para poder participar na fase de resultas será requisito necesario participar na primeira fase do concurso ordinario 1/19 e non resultar adxudicatario dun posto de traballo con carácter definitivo. Quedan excluídas da participación na fase de resultas aquelas persoas que, estando en adscrición provisional, non cumprisen a obriga de solicitar todos os postos de traballo adecuados ao seu corpo, escala ou categoría, na primeira fase deste concurso.

  • A adxudicación do posto solicitado ás persoas participantes estará condicionada a que cumpran os requisitos de desempeño e ocupación daquel establecidos na RPT.

  • Nos postos da escala de Administración Especial, deberase posuír a habilitación profesional necesaria para o desempeño dos postos solicitados.

  • O persoal doutras Administracións Públicas distintas do Concello da Coruña, ademais dos requisitos anteriores, deberá cumprir os requisitos esixidos nas normas de xestión da RPT vixentes.

Prezo / Custo:

Ningún

Órgano que resolve:

Concelleiro responsable da área de Economía e Planificación Urbana

Presentación

Prazo de presentación:

Do 14 de maio ao 05 de xuño de 2024 (DOG núm 93 do 14 de maio de 2024)

Publicación previa da convocatoria noutros boletíns:

  • Publicación no BOP número 75, de 17 de abril de 2024, modificado no BOP número 96 do 16 de maio de 2024.
  • Publicación no BOE número 115 , do 11 de maio de 2024

Documentación necesaria:

  • Solicitude de participación en procedementos de provisión de postos de traballo (modelo 121) e demais documentación establecida nas bases de cada convocatoria.

Documentos relacionados

  • Solicitude de provisión de postos de traballo (99 KB)

Canles de presentación

Presencial

Que se necesita?:

  • Cubrir o impreso de solicitude (modelo 121) e demais documentación que se indique nas bases de cada convocatoria.

Como se fai?:

  • De forma presencial no Rexistro Xeral. Nas localizacións indicadas máis abaixo.
  • Por correo certificado dirixido ao Rexistro Xeral do concello.
  • Nos demais supostos contemplados no art 16.4 da lei 39/2015, de 1 de outubro, do procedemento administrativo común das Administracións Públicas

Internet

Que se necesita?:

Deberá dispoñer de certificado dixital .

Unha vez cuberta a solicitude telemática debe ter preparados os ficheiros que necesite para tramitar dita solicitude, segundo está especificado na apartado "Documentación necesaria".

No proceso de presentación solicitaráselle que asine dixitalmente a documentación presentada (deberá dispoñer de Autofirma no seu equipo), polo que non é recomendable asinar previamente a solicitude ou outros documentos.

Como se fai?:

A través desta Sede electrónica municipal.

En aplicación do artigo 14.2 da Lei 39/2015, de Procedemento Administrativo Común, teñen a obriga de realizar este trámite, a través da Sede electrónica:

a) As persoas xurídicas.

b) As entidades sen personalidade xurídica (asociacións, sociedades civís, comunidades de propietarios etc).

c) Quen exerza unha actividade profesional para a que se requira colexiación obrigatoria, para os trámites e actuacións que realicen coas Administracións Públicas en exercicio da devandita actividade profesional. En todo caso, dentro deste colectivo entenderanse incluídos os notarios e rexistradores da propiedade e mercantís.

d) Quen represente a un interesado que estea obrigado a relacionarse electronicamente coa Administración.

Páxina web:

https://sede.coruna.gal/opensiac/action/tramitacion?method=enter&id=1202

Teléfono

Despois

Sentido do silencio administrativo:

Non procede

E despois?:

De acordo co previsto na Lei 39/2015, de 1 de outubro , do Procedemento Administrativo Común das Administracións Públicas, e na Lei 29/1998, de 13 de xullo, reguladora da Xurisdición Contencioso-Administrativa, contra a resolución deste procedemento, que pon fin á vía administrativa, poderá interpoñerse, con carácter potestativo, un recurso de reposición no prazo dun mes ante o mesmo órgano que a ditou ou un recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses ante o órgano competente da xurisdición contencioso-administrativa contados a partir do día seguinte ao da publicación da disposición impugnada ou ao da notificación ou publicación do acto que poña fin á vía administrativa. No caso de interpoñer un recurso de reposición, non se poderá interpoñer un recurso contencioso-administrativo ata que aquel sexa resolto expresamente ou se produza a súa desestimación presunta.

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión