Ayuntamiento de A Coruña

Ayuntamiento de A Coruña

Cuándo:

1 de marzo de 2023

Aprobada a nova convocatoria das Bolsas Comedor para o curso escolar 2023-2024, que estará dotada cun orzamento superior aos dous millóns de euros

Como principal novidade, formúlase a concesión automática da axuda para o pagamento do comedor escolar aos menores que se atopen nun programa de inclusión social e transición á vida autonóma da Rede Municipal de Acollida

A Xunta de Goberno Local deu luz verde este mércores á nova convocatoria do programa municipal de Bolsas Comedor, que contará cun orzamento de algo máis de 2 millóns de euros para o curso escolar 2023-2024.

"Un ano máis, e co obxectivo de reforzar as políticas sociais, o Concello busca incrementar o apoio ás familias que teñen dificultades para atender as persoas que teñen ao seu cargo", subliñou Inés Rey durante a súa intervención.

Como xa é habitual, a convocatoria diríxese ao alumnado dos centros escolares localizados no termo municipal, dotados de comedor, para as idades de Infantil, Primaria, Secundaria e Bacharelato, así como FP e Educación Especial.

Neste sentido, e como principal novidade, a nova edición das Bolsas Comedor formula, como mellora, a concesión automática da axuda para o pagamento do comedor escolar aos menores que se atopen nun programa de inclusión social e transición á vida autonóma da Rede Municipal de Acollida. Ademais, as bases desta nova convocatoria atenden á realidade das familias nas que exista unha vítima de violencia de xénero. A novidade radica en que non computará como membro da unidade familiar nuclear o agresor, excluíndo os seus ingresos do cálculo da capacidade económica da unidade familiar.

O prazo de presentación de solicitudes das Bolsas Comedor para o curso escolar 2023/2024 abrirase o luns 13 de marzo, e rematará o 12 de abril.

Apoio aos programas sociais Norte e Aliados, a través da Asociación Participa

Tamén no referente á área de Benestar Social, a Xunta de Goberno Local autorizou a concesión dunha subvención nominativa superior aos 26.000 euros, que, a través da Fundación Emalcsa, contribuirá á financiación dos programas sociais Norte e Aliados por medio da Asociación Participa para a Inclusión Social.

O proxecto Norte, que se leva a cabo en colaboración coa Fundación María José Jove e a través da asociación Participa, é unha iniciativa pioneira que, desde o ano pasado, dá apoio a mozos e mozas en situación persoal ou social de risco emocional, co obxectivo de previr condutas autolesivas.

Por outra banda, Aliados, que tamén se leva a cabo grazas á colaboración entre o Goberno municipal, a Fundación María José Jove e a asociación Participa, ten como principal obxectivo que persoas de entre 16 e 21 anos en risco de exclusión reciban formación para a súa capacitación laboral.

¿Qué te parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

¡Tienes un navegador demasiado antiguo!

Lo sentimos pero tu navegador es muy antiguo para poder mostrar esta página. Debes de actualizarlo o usar un navegador compatible. Hemos optimizado esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari y Microsoft Edge. Instalar ahora un navegador compatible

Iniciar sesión