
Os servizos sociais comunitarios do Concello da Coruña, co financiamento das subvencións concedidas ao amparo da Orde 30 de xullo de 2025 pola que se establecen as bases que rexerán a concesión de subvencións a entidades locais para programas de inclusión social para os anos 2025 a 2027, cofinanciada pola Unión Europea no marco do programa FSE+ Galicia 2021-2027, e procédese á súa convocatoria, publicada no DOG 157 do día 19/08/2025, desenvolven os seguintes programas de inclusión social:
O obxectivo principal destes programas e prestacións é fomentar a inclusión activa co obxecto de promover a igualdade de oportunidades, a non discriminación e a participación activa, mellorar a empleabilidad, en particular para os colectivos desfavorecidos.
O resultado que se pretende alcanzar é mellorar a inclusión socio laboral de persoas en situación ou risco de exclusión social.
O obxectivo principal desta axuda é promover a integración socioeconómica da poboación inmigrante. O resultado que se pretende alcanzar é mellorar a inclusión sociolaboral deste colectivo a través da inclusión sociolaboral.
Estes programas responden á obxectivo "Inclusión social e loita contra a pobreza" e, a través das subvencións antes citadas, realízanse accións cofinanciadas polo Fondo Social Europeo Plus (FSE+) a través do programa FSE+ Galicia 2021-2027.
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible