Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

21 de marzo de 2020

Convocatoria para a concesión das bolsas de comedor curso 2020/2021

Novidades na solicitude das bolsas de comedores escolares

Nesta convocatoria, a persoa beneficiaria é a persoa menor de idade ou alumno/a que efectivamente uso o comedor escolar. Neste sentido, a solicitude debe realizarse a nome desta persoa. Na maior parte dos casos, dado que a persoa beneficiaria é menor de idade, deberá figurar unha das persoas proxenitoras/titoras/gardadoras como representante legal. Igualmente, as persoas proxenitoras ou que ostenten a custodia ou garda legal, deberán cubrir o anexo IV cos seus datos completos. Este anexo permite ao tempo a oposición destas persoas á consulta dos datos necesarios para a valoración da solicitude de bolsa comedor. Só no caso de que non se autorice esta consulta, deberá sinalar a súa oposición no recadro correspondente. A autorización para a consulta dos datos da persoa menor de idade enténdese outorgada coa presentación da solicitude, só se deberá marcar o recadro correspondente na folla de solicitude en caso de opoñerse a esta consulta. A solicitude no modelo específico deberá vir sempre acompañada da seguinte documentación:

  • Anexo I debidamente cuberto
  • Anexo II debidamente cuberto
  • Anexo III debidamente cuberto
  • Anexo IV debidamente cuberto
  • Anexo V debidamente cuberto
  • Libro de Familia ou documento equivalente que acredite a filiación ou representación legal. Nos casos en que o pai ou a nai non convivan, copia da sentenza ou convenio regulador que conteña as medidas paterno-filiais aprobadas xudicialmente.
  • Certificado escolar ou copia da matrícula ou solicitude desta.
  • Igualmente, no caso de opoñerse á consulta, deberá acompañar a solicitude dos documentos sinalados na base 10.2 da convocatoria.
  • O propio modelo normalizado de solicitude contén un apartado específico onde as persoas interesadas poderán alegar outras circunstancias valorables para a concesión da bolsa de comedor. Estas circunstancias deben acompañarse dos documentos que as proben e que se atopan enumerados na base 10.3 da convocatoria.

É de vital importancia cubrir con exactitude o apartado específico, sinalado no punto anterior, dado que non se valorará calquera outra circunstancia alegada con posterioridade. Nos períodos que o procedemento establece para a corrección da solicitude, así como no prazo sinalado para presentar alegacións, non se poderán instar novas circunstancias que afecten a esta valoración.

Con anterioridade á resolución, que poña fin ao procedemento de concesión de bolsas de comedor, existirá unha proposta de resolución definitiva que dará lugar a un prazo de 10 días para presentar aceptación ou renuncia da bolsa de comedor. Entenderase que se acepta a bolsa se non se produce manifestación en contrario. Así pois, este ano non é necesario presentar documento de aceptación con posterioridade á concesión. Neste curso académico as facturas correspondentes ao custo do servizo serán expedidas polas entidades xestoras dos comedores a nome da persoa beneficiaria, e efectuarase o pago da bolsa por parte do Concello da Coruña directamente a estas entidades mediante unha fórmula de cesión do dereito de cobro, habilitada pola presentación do Anexo V. Neste sentido, o Concello da Coruña é alleo a todo trámite referido á obtención de praza no comedor e calquera outra relación entre persoas usuarias de comedor e entidades xestoras destes.

As persoas beneficiarias que pertenzan a unidades familiares que sexan perceptoras de RISGA ou Renda Social Municipal terán automaticamente a máxima puntuación na relativo á valoración económica. En todo caso, deberán cumprir igualmente os requisitos xerais, esixidos para a obtención da bolsa de comedor.

Dada a publicación da convocatoria durante a vixencia do estado de alarma, declarado pola situación de emerxencia sanitaria provocada pola COVID-19, o prazo de 10 días para presentar a solicitude está suspendido ata a finalización desta situación. Esta circunstancia será informada e divulgada do modo oportuno. Estas indicacións teñen exclusivamente carácter informativo e non substitúen de ningún xeito o que se establece nas bases reguladoras da convocatoria. Con este fin, recoméndase encarecidamente a lectura das devanditas bases reguladoras, especialmente para aquelas situacións que sexan específicas.

Documentos:

Solicitude (116 KB)

Anexos (60 KB)

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión