13 de enero de 2021
A concelleira de Benestar Social, Igualdade e Participación, Yoya Neira, apuntou á “importancia de traballar neste tipo de iniciativas nunha vertente positiva e con referentes reais para as e os xoves” e destacou “o compromiso do Goberno local na loita para combater todo tipo de adiccións entre a mocidade”
O Concello, a través da Área de Benestar Social, en colaboración coa Asociación Agalure, lanza a campaña "Aposta pola parte boa do deporte", que busca aumentar a concienciación sobre un problema cada vez máis grave entre a mocidade como é a adicción ao xogo.
O pazo de María Pita acolleu esta mañá a presentación desta iniciativa na que participaron a concelleira de Benestar Social, Igualdade e Participación, Yoya Neira, o presidente de Agalure, Francisco Gil.
Yoya Neira apuntou a "importancia de traballar neste tipo de iniciativas nunha vertente positiva e con referentes reais para as e os xoves" e destacou "o compromiso do Goberno local na loita para combater todo tipo de adiccións entre a mocidade". A concelleira manifestou que se trata dunha "campaña de sensibilización en que as e os protagonistas son seis xoves deportistas da cidade, de entre 17 e 19 anos, que nos amosan que do deporte debemos quedarnos coa parte positiva, a diversión, a práctica deportiva, o compañeirismo, e que as apostas nunca son un xogo". Ademais, a campaña responde aos formatos de vídeo que utiliza a mocidade hoxe en día, como son as historias de Instagram e os vídeos de Tik Tok.
O presidente de Agalure apuntou que as cifras en España son preocupantes, "contamos coa taxa máis alta de Europa de ludópatas entre 14 e 21 anos". Pola súa banda, Neira matizou que "os datos poden ser máis preocupantes aínda se temos en conta a dificultade de cuantificar a dependencia do xogo en menores de idade porque precisamente non poden xogar de xeito legal".
A titular de Benestar Social concluíu agradencendo a súa presencia aos protagonistas da campaña e a Agalure "por esta idea e pola súa incansable labor na que saben que contarán sempre co apoio do Concello da Coruña".
Lo sentimos pero tu navegador es muy antiguo para poder mostrar esta página. Debes de actualizarlo o usar un navegador compatible. Hemos optimizado esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari y Microsoft Edge. Instalar ahora un navegador compatible