Concello da Coruña

Concello da Coruña

Axudas extraordinarias a emigrantes galegos/as retornados/as (Secretaría Xeral Emigración)

En que consiste?:

A solicitude inclúe:

  • Datos de identidade da persoa interesada ou do seu representante.
  • Datos bancarios.
  • Información sobre a unidade familiar.
  • Declaración de todas as axudas solicitadas ou concedidas para a mesma finalidade.
  • Declaracións e autorizacións.

A quen vai dirixido?:

Persoas destinatarias:

  1. Cidadáns/ás españois que tiveron o seu lugar de residencia no estranxeiro e volveron a Galicia así como os emigrantes naturais de Galicia que tiveron o seu lugar de residencia no estranxeiro e volveron á comunidade autónoma.
  2. Familiares das persoas indicadas no parágrafo anterior unidos a estes por matrimonio ou parella de feito, parentesco por afinidade en primeiro grao, ou por adopción e parentes consanguíneos ata o segundo grao, así como os viúvos/as ou orfos/as destes emigrantes.

    As persoas interesadas deberán acreditar estar en posesión da nacionalidade española antes do retorno e ter a súa residencia actual en Galicia.

Requisitos:

  1. Ter residido legalmente no estranxeiro un mínimo de 3 anos ininterrompidos inmediatamente anteriores á data do retorno.
  2. Ter traballado no exterior durante un período mínimo de 1 ano. No caso de persoas que accedan á nacionalidade española, deberán acreditar que este período de traballo é posterior á data de acceso á nacionalidade.

    Quedarán exentos deste requisito:

    • Solicitantes que teñan 65 anos ou máis ou que cumpran os 65 anos ao longo do ano 2013.
    • Solicitantes que teñan recoñecida unha discapacidade por un organismo público oficial español nun grao igual ou superior ao 65%.
  3. Non ter transcorrido máis de 1 ano entre a data do retorno e a data da publicación da resolución(23/05/2013).
  4. Estar empadroado/a e ter residencia nun concello da C.A. de Galicia.
  5. Non dispoñer a unidade familiar de rendas ou ingresos suficientes.
  6. Carecer de bens mobles e/ou inmobles cuxo valor supere o límite de 15.000 € máis 5.000 € adicionais por cada membro da unidade familiar.

Organismo responsable:

Xunta

Prazo de presentación:

Ata o 30 de setembro de 2013.

Canles de presentación

Presencial

Que se necesita?:

Documentación (orixinal ou copia compulsada):

  • Solicitude.
  • DNI ou pasaporte en vigor.
  • Documentos xustificativos da condición de galego así como a documentación que xustifique o parentesco ou vínculo co solicitante.
  • Libro de familia, certificado de matrimonio ou certificación do Rexistro de Parellas de feito de Galicia. En caso de separación legal ou divorcio, sentenza xudicial firme ou certificación rexistral.
  • Volante de residencia e convivencia.
  • Certificado de emigrante retornado.
  • Certificado E 301 para retornados de países pertencentes ao Espazo Económico Europeo.
  • Baixa consular.
  • Certificación de vida laboral.
  • Certificación ou xustificante acreditativo dos ingresos económicos do solicitante e da unidade familiar.
  • Declaración responsable do solicitante de que ningún membro da unidade familiar, incluído el mesmo, teñen outros bens, mobles ou inmobles, fóra da vivenda habitual e de telos, acreditación do seu valor.
  • Cando a persoa solicitante sexa o cónxuxe viúvo/a ou orfo/a do emigrante, presentará ademais o certificado de defunción.
  • Informe médico actualizado expedido polos servizos públicos de saúde españois, en caso de alegar enfermidade.
  • Certificado do grao de discapacidade, en caso de alegar esta circunstancia.
  • Se alega ser vítima de violencia de xénero, documento oficial que o acredite.
  • Declaración de todas as axudas solicitadas ou concedidas para a mesma finalidade.
  • Cando se solicite axuda para atender os gastos derivados do retorno terá que presentar as facturas ou recibos orixinais deles.
  • Declaración de non estar incurso en ningunha das circunstancias que impiden obter a condición de beneficiario e de estar ao día nas súas obrigas tributarias e coa Seguridade Social.
  • Cando os documentos presentados figuren nun idioma distinto ao galego ou castelán, deberá presentar a súa tradución.

Como se fai?:

 

Artigo 38.4 da Lei 30/1992. 

As solicitudes, escritos e comunicacións que os cidadáns dirixan aos órganos das administracións públicas poderán presentarse:

  1. Nos rexistros dos órganos administrativos a que se dirixan.
  2. Nos rexistros de calquera órgano administrativo, que pertenza á Administración Xeral do Estado, á de calquera administración das comunidades autónomas, á de calquera Administración das deputacións provinciais, cabildos e consellos insulares, aos concellos dos municipios a que se refire o artigo 121 da Lei 7/1985, do 2 de abril, reguladora das Bases do Réxime Local, ou á do resto das entidades que integran a Administración Local se, neste último caso, se subscribise o oportuno convenio.

Internet

Páxina web:

https://sede.xunta.es

Teléfono

Máis información:

Axudas extraordinarias e non periódicas dirixidas a emigrantes galegos retornados/as e aos seus familiares para axudar a facer fronte aos gastos extraordinarios derivados do seu retorno.

Establécese unha axuda para facer axudar a custear de maneira xenérica a situación derivada do retorno e outra axuda destinada especificamente para os seguintes gastos: traslado de utensilios, gastos de viaxe de retorno e tradución e legalización de documentos.

Documentos relacionados

  • Axudas extraordinarias a emigrantes galegos/as retornados/as e aos seus familiares (527 KB)

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión