Ayuntamiento de A Coruña

Ayuntamiento de A Coruña

Cuándo:

16 de marzo de 2020

ATENCIÓN

Información ao día sobre os servizos de benestar social

Información actualizada dos servizos de Talón restaurante, Bolsa comedor e Comedores Sociais

ACTUALIZACIÓN PERSOAS USUARIAS DO TALÓN RESTAURANTE

Ante a excepcionalidade da situación, diversos establecementos hostaleiros colaboradores do programa de Talón Restaurante, ofrecen os menús para recoller ou levar a domicilio. Deste xeito, as persoas usuarias deste programa poderán seguir recollendo o menú nos seguintes emprazamentos:

- Comedor Social do Centro Cívico de Monte Alto en horario de 13:00 a 16:00. Con esta opción, as persoas beneficiarias do programa non precisan entregar o talón e o precio do menú será de 3,7 €

- O rincón de Juan, Travesia do Montiño 2. Teléfono: 981 97 95 31.

- Mesón o cartón, Av de Chile 25. Teléfono: 981 90 33 18 (ata as 14:00).

- Meal and Coffee, Ronda de Outeiro 253. Teléfono: 881 30 20 68  (poden facer entrega a domicilio).

- Alambique, Rúa do Socorro 67. Teléfono: 981 211 740 (para os seus clientes habituais e por encargo).

Por outra banda, lémbrase ás persoas que teñan imposibilidade de saír á rúa por pertenceren a un grupo de risco, que poden solicitar o servizo de voluntariado no 010 para que sexa una destas persoas a que o recolla no seu nome e achégello ata casa.

ACTUALIZACIÓN PERSOAS USUARIAS DE BOLSA COMEDOR

Despois de analizadas as 92 solicitudes recibidas por parte das persoas beneficiarias do programa de Bolsa Comedor, estes son os centros nos que se efectuarán os repartos:

-          Colexio María Pita. Recollida de 13:00 a 14:00.

-          Colexio Víctor López Seoane. Recollida de 13:00 a 14:00.

-          Colexio Salgado Torres. Recollida de 13:00 a 14:00.

-          Colexio Fogar de Santa Margarida. Recollida de 13:00 a 14:00.

-          Colexio Grande Obra de Atocha. Recollida de 13:00 a 13:30

Dende os Equipos de Atención Social dos Centros Cívicos chamarase ás familias para indicarlle cal é o colexio no que lle corresponde a recollida do menú.

Por outra banda, lémbrase ás familias que teñan imposibilidade de saír á rúa por pertenceren a un grupo de risco, que poden solicitar o servizo de voluntariado no 010 para que sexa una destas persoas a que o recolla no seu nome e achégello ata casa.

ACTUALIZACIÓN COMEDORES SOCIAIS

Infórmase que os comedores sociais do Concello seguirán ofrecendo servizo de recollida de comida.

- Comedor Social do Centro Cívico de Monte Alto: Horario de recollida de 13:00 a 16:00

- Comedor Social do Centro Cívico de  Novoboandanza: Horario de recollida de 12:00 a 14: 00

¿Qué te parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

¡Tienes un navegador demasiado antiguo!

Lo sentimos pero tu navegador es muy antiguo para poder mostrar esta página. Debes de actualizarlo o usar un navegador compatible. Hemos optimizado esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari y Microsoft Edge. Instalar ahora un navegador compatible

Iniciar sesión