Uso de cookies en las páginas web del Ayuntamiento de A Coruña

En las páginas web municipales utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios mediante el análisis de sus hábitos de navegación. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información, o conocer como cambiar la configuración, en nuestra página de "Normas de uso".

Ayuntamiento de A Coruña

Cuándo:

13 de marzo de 2020

ATENCIÓN

Información importante sobre os servizos de benestar social

O Concello da Coruña avisa á cidadanía dos cambios nos servizos de Benestar Social nestes días, debido ao coronavirus. É moi importante que sigades as instruccións e que as fagades chegar á xente que non está conectada a Internet, como puideran ser algunhas persoas maiores.

BOLSAS DE COMEDORES ESCOLARES

-Facilitarase o menú para recoller e levar ao domicilio e todas as familias que necesiten o servizo para os menores bolseiros, remitirán un correo electrónico ao seu centro cívico de referencia.

easelvina@coruna.es

easmallos@coruna.es

eassandiego@coruna.es

easlabanou@coruna.es

easmontealto@coruna.es

COLEXIOS PÚBLICOS

Toda a rede de centros públicos excepto os IES de Adormideras, Zalaeta e Menéndez Pidal por imposibilidade da empresa para realizar o servizo. Os centros escolares abriranse para a repartición de menús de 13:00 a 14:00 horas.

COLEXIOS CONCERTADOS

Proporcionarán o servizo os seguintes centros:

-Grande Obra de Atocha-Compañía de María-Hogar Santa Margarita-Liceo A Paz

Pendente de concretar o horario de repartición.

ACLARACION:

O alumnado bolseiro que non dispoña de comedor no seu centro escolar, pode facer igual a solicitude e trataremos de remitilo a un centro próximo. Por ese motivo é importante dispoñer de toda a información o luns, por tema de loxística.

SAÚDE MENTAL INFANTIL (SITUADA NO  C. C. EIRÍS)

A psicóloga cambia o lugar da consulta por indicacións do SERGAS.

Nos próximos días, esta unidade  encargarase de poñerse en contacto coas familias e indicarlles o cambio de localización da consulta e, no seu caso, ofrecerlles a opción de manter ou  reprogramar as citas.

CENTRO DE ORIENTACIÓN FAMILIAR (COF)

Seguindo a instrución recibida do SERGAS, só se atenderán as situacións de urxencia, isto é,  IVE (interrupción voluntario do embarazo), anticoncepción de urxencia e consultas psicolóxicas urxentes.

EAS (EQUIPOS DE ATENCIÓN SOCIAL)

Ata novo aviso, a atención farase telefonicamente.

OFICINA MUNICIPAL DE DEPENDENCIA

Prestarase o servizo de maneira telefónica, permanecendo pechada a oficina.

O  servizo de axuda a domicilio (SAD) seguirase prestando coa normalidade que permita a situación, sempre dando prioridade aos grandes dependentes e persoas en situación de soidade.

Talón Restaurante. Debido ao peche decretado pola Xunta de Galicia de establecementos hostaleiros, as persoas usuarias de talón restaurante poderán acudir ao comedor social do Centro Cívico de Monte Alto para recoller o seu menú en horario de 12:30 a 14:30 horas.

REPARTO DE MENÚS A DOMICILIO

As persoas que se atopen nunha situación de soidade ou vulnerabilidade poderán chamar ao 010 para informarse sobre a posibilidade de recibir o menú diario no seu domicilio.

CIM (CENTRO DE INFORMACIÓN Á MULLER)

A atención farase telefonicamente salvo cuestións que sexan de carácter urxente e que requiran atención presencial baixo criterio técnico.

CANGUROS

Suspéndese o servizo en centros cívicos, manténdose o servizo de canguraxe a domicilio que se verá reforzado.

As solicitudes efectuaranse a través da sede electrónica do Concello da Coruña ou a través do enderezo electrónico cim@coruna.es

Para máis información, poderase chamar ao 981 184 356 ou 010

COMEDORES SOCIAIS MUNICIPAIS (NOVOBOANZANZA E MONTE ALTO)

Péchanse facilitando a recollida dos menús para levar a casa de 12:30 a 14:30 horas.

CENTROS DE DÍA

Péchanse seguindo indicacións da Xunta de Galicia. Vanse analizar os casos das  persoas usuarias ao fin de que aquelas que se atopen en situación de máxima vulnerabilidade, se lles facilite o servizo de axuda a domicilio.

VOLUNTARIADO

- Xa está activa a web na que haberá un formulario de inscrición para todas as persoas interesadas en botar una man. Este é o enlace do dispositivo especial de voluntariado

- Poden ser persoas voluntarias as maiores de 18 anos  que non sexan poboación de risco

- O servizo de voluntariado se fará en colaboración con Protección Civil

- Aquelas persoas que requiran da axuda do voluntariado chamarán ao 010.

¿Qué te parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

¡Tienes un navegador demasiado antiguo!

Lo sentimos pero tu navegador es muy antiguo para poder mostrar esta página. Debes de actualizarlo o usar un navegador compatible. Hemos optimizado esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari y Microsoft Edge. Instalar ahora un navegador compatible

Iniciar sesión