Ayuntamiento de A Coruña

Ayuntamiento de A Coruña

Cuándo:

11 de abril de 2023

Os centros cívicos municipais ofrecen cursos gratuítos sobre o posparto e a maternidade

Haberá sesións en seis espazos municipais entre o 17 de abril e o 15 de maio

Os centros cívicos municipais ofrecen, a partir do día 17 de abril, un ciclo de cursos sobre o posparto e a maternidade real. Impartidos polas expertas Paula García Otero e Verónica Fernández López, os cursos abordarán distintos aspectos do puerperio e os seus efectos na vida das novas nais e familias, co obxectivo de aumentar a seguridade e confianza das mulleres para a toma de decisións e o empoderamento persoal, así como contribuír á construción dunha imaxe real sobre a maternidade e o puerperio.

Os cursos, dunha hora e media de duración, son gratuítos e abertos ao público ata completar a capacidade e realizaranse conforme ao seguinte calendario:

  • Centro Cívico Rosales o 17/04 das 16.00 ás 18.00 horas.
  • Centro Cívico Os Mallos o 20/04 das 16.30 ás 19.00 horas.
  • Centro Cívico Castrillón o 24/04 das 16.30 ás 19.00 horas.
  • Centro Cívico Cidade Vella o 27/04 das 16.30 ás 19.00 horas.
  • Centro Cívico Palavea o 08/05 das 16.30 ás 19.00 horas.
  • Centro Cívico Novo Mesoiro o 15/05 das 16.30 ás 19.00 horas.

¿Qué te parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

¡Tienes un navegador demasiado antiguo!

Lo sentimos pero tu navegador es muy antiguo para poder mostrar esta página. Debes de actualizarlo o usar un navegador compatible. Hemos optimizado esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari y Microsoft Edge. Instalar ahora un navegador compatible

Iniciar sesión