Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

15 de marzo de 2023

"Recuncho do xogo" de Semana Santa

Actividades lúdicas para menores, que se realizarán nos centros cívicos durante as vacacións escolares de Semana Santa. Inscricións do día 20 ao 29 de marzo

Como todos os anos nas vacacións escolares de Semana Santa, nos centros cívicos organizarase a actividade de "Recuncho do xogo" onde este ano aprenderemos multitude de cousas sobre os astros a través de talleres, xogos e dinámicas participativas.

Días: 3, 4 e 5 de abril

Idades: de 4 a 12 anos (deberán ter a idade cumprida no momento da inscrición)

Horario:

  • Xeral: das 10.00 ás 13.30 h
  • Ampliado: das 9.00 ás 14.30 h

Importe: gratuíto

Inscrición por orde de chegada: do día 20 ao 29 de marzo

Só se poderá realizar unha inscrición por menor. En caso de detectarse máis dunha, anularanse todas. A admisión será por orde de inscrición.

Centros Cívicos nos que se realizará a actividade. Os marcados cun asterisco (*) terán tamén horario ampliado

- CCM Mesoiro*

- CCM Castrillón*

- CCM Rosales*

- CCM Monelos*

- CCM Monte Alto*

- CCM San Diego*

- CCM Cidade Vella*

- CCM Mallos*

- CCM Elviña *

- CCM Eirís *

- CCM Novoboandanza *

- CCM Palavea*

- CCM Labañou *

- CCM A Silva

- CCM Feáns

- CCM Pescadores

- CCM Sagrada Familia

- CCM San Pedro de Visma

- CCM Santa Lucía

Cada grupo estará formado en xeral por 15 menores, dependendo da capacidade da aula e deberá haber un mínimo de 6 para formar grupo.

As/os menores con necesidades educativas especiais (NEE) deberán inscribirse no C.C. Labañou nas mesmas datas. Haberá 10 prazas.

É conveniente levar auga e un refrixerio para media mañá e non levar aparellos electrónicos.

É aconsellable que non asistan ao recuncho do xogo as e os menores que teñan enfermidades contaxiosas ou que presenten algún destes síntomas: febre, vómitos, diarrea, aftas na boca, chagas, dificultade respiratoria, conxuntivite, alteracións atípicas na pel, ter piollos ou miúdas ou calquera síntoma relacionado coa COVID-19.

Documentos:

Folleto con recomendacións para a actividade e máis información (6 MB)

Autorización (409 KB)

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión