Uso de cookies nas páxinas web do Concello da Coruña
Nas páxinas web municipais utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos mediante a análise dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información, ou coñecer como cambiar a configuración, na nosa páxina de "Normas de uso".
Actividades de fomento da integración sociocultural de persoas inmigrantes
Ofrecer a menores e adolescentes inmigrantes competencias educativas que favorezan a súa integración social e permanencia no sistema educativo español.
A quen vai dirixido?:
Menores con idades comprendidas entre os 3 e os 16 anos con nacionalidade estranxeira.
Familiares de menores con nacionalidade estranxeira.
Poboación autóctona en xeral (en actuacións puntuais).
Organiza:
Contratista adxudicatario do servizo
Requisitos:
Residir no termo municipal da Coruña.
Con carencias no coñecemento do idioma (castelán, galego), comprensión e expresión oral e escrita, así como na súa adaptación curricular e socialización.
Derivación dende os centros educativos de referencia do/da menor.
Prazo de presentación:
Ao longo de todo o curso escolar.
Remuneración / Custo:
Proporciónaselles aos e ás menores e adolescentes estratexias lingüísticas e de apoio ao desenvolvemento curricular regulado que favorezan a súa integración e permanencia escolar.
Capacítase aos e ás menores e adolescentes no uso efectivo do español e do galego como vehículos de comunicación.
Promóvense actividades de dinamización social dirixidas a menores e adolescentes inmigrantes que favorezan a súa integración na súa contorna comunitaria e o afrontamento de dúbidas e necesidades acordes coas súas idades.
Promóvese o achegamento entre a nosa cultura e sociedade e a cultura dos países de orixe dos e das participantes.
Proporciónase información e apoio a pais e nais de menores e adolescentes inmigrantes no relativo ao desenvolvemento curricular e ás dúbidas e necesidades vinculadas co desenvolvemento dos seus fillos e fillas.
Desenvólvense actuacións de carácter social e cultural dirixidas ás unidades familiares inmigrantes no seu conxunto.
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge.
Instalar agora un navegador compatible