A Casa do Home -DOMUS- é un museo interactivo dedicado ao ser humano. A través dos seus módulos trata de espertar a curiosidade sobre aspectos relativos aos nosos sentidos, a xenética, como somos ou a evolución de ser humano a través do xogo e a diversión. Tanto nenos e nenas como maiores gozan da experiencia de aprender a través dos sentidos.
Un percorrido por máis de 150 módulos entre os que atoparemos por exemplo un rostro con máis de dez mil fotografas de caras que reproduce a Gioconda de Leonardo da Vinci.
O museo conta cunha sala de cinema IMAX, Leonardo da Vinci, onde gozar de cinema científico nunha pantalla de 80 m2 e con 4000 watts de son de calidade dixital.
O espectacular edificio é obra do arquitecto xaponés Arata Isozaki, premio Pritzker de arquitectura, álzase sobre unha antiga canteira como unha vela inflada polo vento.
Diante do museo, alzar fronte ao mar, un soldado romano de bronce. A escultura, coñecida tamén como O guerreiro, é obra do escultor Fernando Botero.
Atoparás máis información sobre horarios e prezos na web da Domus .