Concello da Coruña

Concello da Coruña

Axenda | Evento

Opcións

Qué?
Cuándo?
Dónde?
Distancia (metros)
É necesario que proporcione a súa localización actual para usar esta opción

10 NEGRIÑOS, Enrique & Alain Cornejo Producciones

10 NEGRIÑOS é a mellor idea de Agatha Christie, recoñecido pola propia autora. Escrita en 1939, bateu todas as marcas de espectadores e lectores. Cuns 100 millóns de copias vendidas, ata o momento; é a novela de misterio máis vendida da historia e está considerada dentro dos 10 libros máis vendidos de todos os tempos. En teatro tivo o maior dos éxitos xunto ao tamén emblemático título desta mesma autora, A Rateira.

A quen vai dirixido:

Para público en xeral

Cando:

12/02/2016

Xa rematou

Horario:

Venres, 12 de febreiro: 21:00 h.

Sábado, 13 de febreiro : 19:00 e 22:00 h.

Enderezo:

Teatro Colón. Avda. de la Marina 7 A. 15003 A Coruña

10 NEGRIÑOS estreouse no noso país tan só en tres ocasiones ao longo dos 70 anos transcorridos desde a súa estrea en Londres. No ano 1958, da man de Arturo Serrano, no Teatro Infanta Isabel. En 1973, da man de Esteban Polls, no Teatro Alcázar de Madrid. A última, no ano 2000 baixo a dirección de Ricard Reguant e producida por Enrique Cornejo, con miles de representacións en toda España.

De novo, quince anos máis tarde, únense Reguant e Cornejo para crear unha produción e nova versión ao redor deste título e tratar así de compracer aos miles de afeccionados a este xénero e seguidores de Dona Agatha Christie: porque é un teatro de evasión moi ben escrito e de intriga constante, que permite un acto de lecer social para familias e todo tipo de espectadores. En París, Londres, Berlín, Nova York… Nunca falta nas súas carteleiras teatrais unha obra desta grande autora.

Esta nova posta en escena está máis acorde aos tempos e estética do momento, cunha clara influencia dos “MAD MEN” televisivos, en quen nos inspiramos. Agardamos que gocen con estes dez personaxes pechados nunha illa e que ata o final non saberemos se son vítimas ou asasinos. Desde a súa última estrea xurdiron 4 xeracións novas de espectadores que aínda non coñecen o final: a eles, e a todo bo afeccionado ao teatro, brindamos esta marabillosa obra.

Tamén che pode interesar...

Axenda

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión