A Panadaría abre o seu forno teatral en 2013 en Vigo. As súas fundadoras (Areta Bolado, Noelia Castro e Ailén Kendelman) amasan un teatro cheo de elementos escenográficos para rebordar humor crítico, música vocal e unha interpretación lúdica e habilidosa.
Para público en xeral
19/10/2023
Xa rematou
20:15 h
Centro Sociocultural Ágora. Lugar Gramela 17. 15010 A Coruña
de balde, ata completar capacidade
Asociación veciñal, cultural, deportiva e recreativa do barrio da Agra do Orzán "Agra"
A Panadaría recibiu ata quince premios autonómicos e estatais que recoñecen a calidade das súas montaxes e o seu activismo feminista.
A Panadaría amasa con moi poucos elementos pero un deles é, sempre, o feminismo. En "As que limpan" volve apostar por un equipo artístico-técnico conformado íntegramente por mulleres.
"AS QUE LIMPAN" (Coprodución co Centro Dramático Nacional)
Estamos diante dunha comedia ácida e esperanzadora que reivindica a loita organizada das limpadoras de hoteis e a necesidade de reimaxinar un modelo de turismo sostible e respectuoso co territorio e coa vida das persoas.
É posible revalorizar este traballo e deslígalo do xénero? Existe un turismo sostible? Quen limpa a casa da limpadora? Sobre as táboas poderemos asistir á loita das camareiras de piso, mulleres traballadoras do sector turístico sometidas a explotación no campo laboral, ao abandono no ámbito sanitario e a diversas violencias por razón de xénero e clase social. As que limpan non fala só de limpadoras, fala de mulleres e do chan mollado no que camiñamos cada día.

14/12/2025
INICIO DAS VENDAS: O venres anterior a cada espectáculo, nos horarios habituais da praza de Ourense e en Ataquilla.com

Os días 10/12/2025, 11/12/2025, 12/12/2025, 13/12/2025, 14/12/2025

19/12/2025

20/12/2025
Entradas á venda o 17 de xullo de 2025 desde as 12.00 h

Dende o 19/12/2025 ata o 20/12/2025

22/12/2025
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible