Concello da Coruña

Concello da Coruña

Axenda | Evento

Opcións

Qué?
Cuándo?
Dónde?
Distancia (metros)
É necesario que proporcione a súa localización actual para usar esta opción

Amigas candorcas

Os ilustradores e amigos Manel Cráneo, Emma Ríos e Tokio presentan os seus traballos dentro do material divulgativos do proxecto Friendship: orcas.

A quen vai dirixido:

Para público en xeral, Persoas adultas

Cando:

07/05/2024

Inscricións:

Acceso libre até completar a capacidade.

Horario:

Das 19.30 h ás 21.00 h

Enderezo:

Biblioteca Municipal Durán Loriga. Rúa Durán Loriga 10, Bj. 15003 A Coruña

Número de prazas:

30

Contacto:

bduranloriga@coruna.gal

Tel.: 981 184 388

A Coordinadora para o Estudo dos Mamíferos Mariños (CEMMA) é unha ONG galega fundada en 1992, adicada ao estudo e divulgación dos mamíferos e tartarugas mariñas de Galicia, a través da investigación, promovendo e participando en proxectos con institucións estatais e internacionais, e potenciando aspectos divulgativos mediante exposicións, conferencias e cursos.

Durante dous anos elaboraronse materiais para informar sobre a súa bioloxía, crearonse leitos de comunicación entre os navegantes e os científicos e deseñaronse materiais de impacto social para difundir a necesidade de conservación deste pequeno grupo de orcas residentes nas costas ibéricas.

Coa finalidade de contribuír á información e proxección social das orcas e a súa problemática, a CEMMA e a Fundación Banco de Santander poñen en marcha o Proxecto Amigas: orcas (FriendSHIP: orcas).

Nesta charla os ilustradores Manel Cráneo, Emma Ríos e Tokio, presentarán os seus traballos dentro do material divulgativo deste proxecto.

Tamén che pode interesar...

Axenda

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión