Uso de cookies nas páxinas web do Concello da Coruña
Nas páxinas web municipais utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos mediante a análise dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información, ou coñecer como cambiar a configuración, na nosa páxina de "Normas de uso".
Visita o álbum de fotos desta actividade
Charlas, conferencias
Público adulto
Require inscrición / Entrada libre (segundo os casos)
En que consisten os encontros Biblioteca Verde?
Biblioteca verde, un espazo para informarte, reflexionar e compartir. Encontros mensuais que perseguen crear un foro de debate sobre asuntos de actualidade relacionados co medio ambiente e a sustentabilidade. A última semana de cada mes, de outubro a maio, poderás asistir a estas charlas para coñecer experiencias sustentables que teñen lugar na nosa cidade. Ademais, contamos cun centro de interese que reúne distintos materiais sobre esta temática.
Descarga o programa anual de encontros
Onde e cando
Os encontros vanse alternando entre todas as bibliotecas, salvo a de Estudos Locais. Todos os encontros son os mércores ás 19.00 horas.
No transcurso de todas as actividades o persoal bibliotecario realiza fotografías co único obxectivo de subilas logo aos escaparates virtuais, redes sociais e/ou incluílas en carteis ou guías nos que se publicitan os programas, actividades e servizos das bibliotecas.
Se non desexas saír nestas fotografías, por favor, fala connosco antes do inicio da actividade.
Escribe a palabra ou palabras que desexas buscar:
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible