Concello da Coruña

Concello da Coruña

Axenda | Evento

Opcións

Qué?
Cuándo?
Dónde?
Distancia (metros)
É necesario que proporcione a súa localización actual para usar esta opción

Andar cos tempos… ou de como cribar o gran para mañá

“Andar cos tempos… ou de como cribar o gran para mañá” é unha exposición que convida a rever a tradición con perspectiva de xénero.

A quen vai dirixido:

Para público en xeral

Cando:

Dende o 16/05/2017 ata o 11/06/2017

Xa rematou

Horario:

- de martes a sábado de 11 a 13:30 h e de 18 a 20:00 h

- domingos e festivos de 12 a 14:00 h

Enderezo:

Casa Museo Casares Quiroga. Rúa Panaderas 12. 15001 A Coruña

Céntrase principalmente no baile e na música tradicional, detectando distintos estereotipos sexistas que se perciben á hora de desenvolver estes dous elementos do patrimonio: os roles de bailadores e bailadoras, os xeitos de moverse e bailar, o reparto de instrumentos musicais diferenciados por sexos e a construción de parellas desde unha única óptica, a heterosexual.

Os obxectivos da mesma son:

 Concienciar sobre os estereotipos de xénero en todos os ámbitos das nosas vidas en xeral, e na nosa tradición, en particular.

 Crear debate sobre se debemos seguir transmitindo a tradición sen revisións críticas, que promulguen a equidade das persoas.

 Por en valor a nosa cultura tradicional potenciando a igualdade de xénero.

Esta exposición naceu en 2015 no marco dos XVI Encontros de Música Tradicional de Carboeiro e expúxose no Museo do Pobo Galego en Abril e Maio de 2016 dentro da programación do Departamento de Educación e Acción Cultural. En Decembro de 2016  foi exposta polo Observatorio pola Igualdade da Mariña na oficina de turismo de Ribadeo.

Tamén che pode interesar...

Axenda

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión