Espectáculos para público de 0 a 3 anos
Infancia
Dende o 28/03/2021 ata o 12/12/2021
Xa rematou
11:30 e 13:00 h
* Pídese puntualidade. Non se permitirá o acceso á sala unha vez que comece a función.
Auditorio do Centro Sociocultural Ágora. Lugar Gramela 17. 15010 A Coruña
6,00 euros
Menores de 3 anos: 2,00 euros
Abono 3 (3 entradas para a mesma función): 15,00 euros
* Capacidade moi reducida
* Todas as persoas que accedan ao espazo en que terá lugar o espectáculo deben facelo con entrada.
* Unha vez que comece o espectáculo, non se permitirá acceder á sala.
* Venda por unidade familiar. Mínimo 2 persoas, máximo 4.
As persoas que tiveron a sorte de asistiren a unha función de teatro para bebés adoitan mostrar interese por repetiren a experiencia. A emoción que destilan estas obras sobre o escenario é de alta intensidade.
As obras para espectadoras/es tan precoces reúnen algúns requisitos. Un deles é a proximidade entre a escena e o público, o que leva a que o patio de butacas se transforme nunha zona pegada ao escenario, con alfombras, coxíns, pequenos bancos..., onde as nenas e os nenos poden permanecer sentados con menos rigor e dun xeito máis acorde á súa anatomía, á beira de seus pais. O segundo requisito é a duración, que oscila entre 25 e 30 minutos, que é o tempo que a atención dun bebé pode fixarse.
As propostas que presentamos este ano son moi variadas, con ou sen palabras, con obxectos, con música, con movemento, con efectos audiovisuais...
Todas elas pretenden espertar unha infinidade de sensibilidades e transmitir emocións achegándonos ao teatro, á danza, á música, á vida.
VENDA DE LOCALIDADES
Venda en liña: ataquilla.com
Venda no despacho de billetes do Ágora: media hora antes de cada pase (sempre que queden localidades dispoñibles)
Venda no despacho central da praza de Ourense: de luns a xoves de 10.00 h a 14.00 h e de 15.00 h a 18.00 h e venres de 10.00 h a 15.00 h (agás festivos).
23/04/2024
Dende o 16/04/2024 ata o 23/04/2024
Require inscrición.
23/04/2024
Dende o 19/04/2024 ata o 23/04/2024
A inscrición comezará ás 10.00 h. A actividade está dirixida a crianzas de 0 a 3 anos (incluídos), acompañadas dunha ou de dúas persoas adultas. Só precisa a inscrición a/o nena/o.
Se por algún motivo non puiderdes vir á actividade, agradecemos que nolo comuniquedes para que poidan asistir outras persoas.
23/04/2024
Dende o 16/04/2024 ata o 23/04/2024
Require inscrición
23/04/2024
Dende o 16/04/2024 ata o 23/04/2024
23/04/2024, de 19:00 a 20:30
Entrada libre ata completar a capacidade.
24/04/2024
Dende o 17/04/2024 ata o 24/04/2024
Require inscrición.
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible