#LunsDeEncontros nace co obxectivo de ofrecerlle un espazo cultural aberto á cidadanía, cedendo un lugar para o desenvolvemento de actividades de promoción lectora, formación e aprendizaxe.
Para público en xeral
21/09/2026
Acceso libre ata completar capacidade
De 19.00 h. a 20.00 h.
Biblioteca Municipal Fórum Metropolitano. Rúa Río Monelos 1. 15006 A Coruña
Tel.: 981 184 298
O luns 21 de setembro ás 19.00 h. temos, na Biblioteca Municipal Fórum Metropolitano, a presentación do libro "La canción del hijo de la lluvia", do autor Jorge Rivadulla, publicado por Editorial Kaunan.
Acceso libre ata completar capacidade.
JORGE RIVADULLA BREY
Jorge Rivadulla Brey, nado en Santiago de Compostela en 1999, sempre viu na literatura fantástica un camiño para evadirse da realidade. A pesar disto, orientou os seus estudos e a súa carreira cara ao campo das tecnoloxías da información, pero sen nunca deixar de lado a súa paixón por ler e escribir historias. E desta forma, mentres cursaba o último ano da carreira de Enxeñaría Informática na UDC (Universidade da Coruña), naceu a idea do que sería a súa primeira novela.
En , La canción del hijo de la lluvia Jorge plasmou a súa paixón por crear mundos e personaxes cos que o lector sexa capaz de empatizar mentres os ve medrar e converterse nos heroes e viláns das súas propias historias.
La canción del hijo de la lluvia
A República é xustiza, a República é liberdade e, sobre todo, a República é seguridade.
Ou iso é o que os seus habitantes queren crer. Pero hai tempo que a escuridade conseguiu traspasar as súas fronteiras, alimentando a corrupción á vez que busca romper o fráxil equilibrio que sostiña estas terras.
Xa pouco queda daqueles ideais que no pasado a definiron e Fluvia, unha próspera cidade da marca, será testemuña diso. Alí, Teslin, Dina e Lysar gozan da tranquilidade dunha vida sinxela no porto. O que non saben, é que na festa que dá fin á estación das xeadas, serán testemuñas de algo que lles cambiará a vida a todos os habitantes da península de Lyra.
E así, da noite para a mañá, Teslin vese arrastrado a un mundo de corrupción, intrigas e maxia do que, sen sabelo, parece formar parte.
Tamén che pode interesar

10/09/2026, de 18:30 a 20:00
Dende o 01/09/2026 ata o 10/09/2026
Capacidade limitada. Reservas a través do correo electrónico: institutocornide@coruna.gal

Dende o 10/08/2026 ata o 27/09/2026

28/09/2026
Acceso libre até completar capacidade

05/10/2026
Acceso libre ata completar capacidade
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible