Adentrámonos na mecánica e a creación de estruturas de xeito divertido!
Infantil, Xuvenil
Dende o 30/03/2026 ata o 01/04/2026
Dende o 23/03/2026 ata o 30/03/2026
Require inscrición.
Das 11.00 ás 13.30 h
Biblioteca Municipal Durán Loriga. Rúa Durán Loriga 10, Baixo. 15003 A Coruña
12
De 8 a 15 anos
bduranloriga@coruna.gal
Tel. 981 184 388
Esta Semana Santa comezamos, na Biblioteca Durán Loriga, os talleres do programa BiblioTECH para o ano 2026 da man de Code Monsters.
Neste I Campus tecnolóxico do ano utilizaranse as pezas de Lego Technics para achegármonos a conceptos básicos de mecánica e estruturas; tratarase o funcionamento de distintos mecanismos fundamentais para resolver problemas, usando rodas dentadas, poleas, motores, etc. e acadar un proxecto final no que deseñar e construír.
Anímaste? Pois só tes que inscribirte para os 3 días que dura o taller!
Tamén che pode interesar
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible