Brinca Vai! é un espectáculo musical e audiovisual baseado no libro-cd-dvd "Brinca Vai!", editado por Kalandraka Editora, no que se combinan cancións, imaxes, videos, animacións, retransmisións en directo e interpretacións cos ritmos e rexistros máis divertidos.
Familias
Familias
29/06/2019
Xa rematou
Esta actividade fora aprazada no día 13/04/2019 por enfermidade de Paco Nogueiras, así que se mantén a listaxe de persoas inscritas daquela data. Como nos quedou algunha praza libre, abrimos unha nova inscrición desde as 10.00 h do 25/06/2019.
Para crianzas de máis de 3 anos, acompañadas dunha persoa adulta. Se por algún motivo non se puidese vir á actividade, agradecemos que nolo comuniquedes para que poidan asistir outras persoas.
11.00 horas
1 h aprox.
Centro Sociocultural Ágora. Lugar Gramela 17. 15010 A Coruña
De balde e con inscrición previa
As alegrías, as amizades, os libros, a poesía, a ecoloxía, as festas do ano (o magosto, o samaín, o entroido, o nadal) e o respecto á nosa lingua serán parte da equipaxe. Unha fantástica oportunidade de regalar os ollos e as orellas, brincar e pasalo ben cos amigos e amigas nun particular camiño onde a música e a imaxe soan con forma de sorriso.
Esta actividade desenvolverase na aula 8 do Centro Ágora e haberá dous pases: un ás 11.00 h e outro ás 12.30 h.
Organiza o Servizo de Normalización Lingüística.
Esta actividade fora aprazada no día 13/04/2019 por enfermidade de Paco Nogueiras: http://www.coruna.gal/lingua/gl/detalle/brinca-vai-de-paco-nogueiras/suceso/1453697276951

Os días 10/08/2026, 11/08/2026, 13/08/2026

Os días 11/07/2026, 18/07/2026, 01/08/2026, 08/08/2026, 15/08/2026, 22/08/2026, 29/08/2026
O prazo de inscrición abrirase o mércores 8 de xullo ás 10.00 h e cada actividade terá unha ligazón a través de ticketing para reserva.

29/09/2026
Dende o 25/09/2026 ata o 29/09/2026
A inscrición comezará ás 10.00 h. A actividade está dirixida a crianzas de 3 a 6 anos (incluídos), acompañadas dunha persoa adulta. Só precisa a inscrición a/o nena/o.
Se por algún motivo non puiderdes vir á actividade, agradecemos que nolo comuniquedes para que poidan asistir outras persoas.
Pídese puntualidade.

28/11/2026
Entradas á venda o venres 12 de xuño 2026 ás 10.00 h

26/12/2026
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible