Concello da Coruña

Concello da Coruña

Axenda | Evento

Opcións

Qué?
Cuándo?
Dónde?
Distancia (metros)
É necesario que proporcione a súa localización actual para usar esta opción

Cabaret, o musical de Broadway como nunca o viras

XIRA 50 ANIVERSARIO DA SÚA ESTREA EN BROADWAY. COMO NUNCA O VICHES! O 20 de novembro de 1966 CABARET estreouse no Broadhurst Theatre de Broadway, producido e dirixido polo mítico Harold Prince.

A quen vai dirixido:

Para público en xeral

Cando:

Dende o 11/05/2017 ata o 14/05/2017

Xa rematou

Horario:

Xoves, 11 de maio de 2017: 21.00 h

Venres, 12 de maio de 2017: 18.00 e 22.00 horas

Sábado, 13 de maio de 2017: 18.00 e 22.00 horas

Domingo, 14 de maio de 2017: 17.00 e 20.30 horas

Enderezo:

Teatro Colón. Avda. de la Marina 7 A. 15003 A Coruña

Con varias das cancións emblemáticas da historia dos musicais - Willkomen, Cabaret, Money Money - e considerado como unha das obras mestras do teatro musical de todos os tempos, pola súa intensidade dramática, a profundidade dos personaxes e a calidade da súa partitura, CABARET é o musical que todo o mundo debería ver.

En 1972 tamén se trasladou á gran pantalla, dirixido por Bob Fosse. Premiado con 8 Oscar, 12 Premios Tony, 3 Premios Oliver e 3 Premios Drama Desk, CABARET representouse en máis de 50 países e traduciuse a máis de 30 idiomas.

Anticipando a celebración do seu 50 aniversario, o 18 de outubro de 2015 estreouse no Teatro Rialto de Madrid esta nova produción da versión orixinal estreada en Broadway, adaptada e dirixida por Jaime Azpilicueta, que permaneceu en cartel ata o 12 de xuño de 2016 e consagrouse como o grande éxito da tempada en Madrid con máis de 200.000 espectadores.

Ao éxito de público sumouse o recoñecemento da profesión, ao ser elixido como o Mellor Musical en Madrid en 2015/16, na 9ª edición dos Premios de Teatro Musical, dados a coñecer o pasado luns 6 de xuño en Madrid, edición na que CABARET resultou o musical gañador en 8 das 15 categorías premiadas.

Acepten a invitación de mestre de cerimonias e 'Deixen os seus problemas fóra. Aquí a vida é divina'. Willkomen au CABARET, no seu 50 aniversario.

Tamén che pode interesar...

  • “O son que me arrola”, da Asociación socioeducativa Antonio Gandoy

    “O son que me arrola”, da Asociación Socioeducativa Antonio Gandoy

    Cando:

    06/04/2026

    Inscricións:

    Dende o 03/04/2026 ata o 06/04/2026

    A inscrición comezará ás 10.00 h. A actividade está dirixida a crianzas de 6 meses a 3 anos (incluídos), acompañadas dunha persoa adulta. Só precisa a inscrición a/o nena/o. 

    Se por algún motivo non puiderdes vir á actividade, agradecemos que nolo comuniquedes para que poidan asistir outras persoas.

    Pídese puntualidade. 

  • "Momento musical para bebés", de Lydia Botana

    Cando:

    07/04/2026

    Inscricións:

    Dende o 03/04/2026 ata o 07/04/2026

    A inscrición comezará ás 10.00 h. A actividade está dirixida a crianzas de 0 a 3 anos (incluídos), acompañadas dunha persoa adulta. Só precisa a inscrición a/o nena/o. 

    Se por algún motivo non puiderdes vir á actividade, agradecemos que nolo comuniquedes para que poidan asistir outras persoas.

    Pídese puntualidade. 

  • Sinte 10.04.2026

    SEN NUMERAR Primavera 2026 - SINTE de Cris Balboa

    Cando:

    10/04/2026

  • Imaxe da peza

    TRCdanza: Quiso negro

    Cando:

    11/04/2026

  • “Contos debuxados, debuxos contados”, de Caxoto e Marc Taeger

    “Contos debuxados, debuxos contados”, de Caxoto e Marc Taeger

    Cando:

    14/04/2026

    Inscricións:

    Dende o 10/04/2026 ata o 14/04/2026

    A inscrición comezará ás 10.00 h. A actividade está dirixida a crianzas de 4 a 6 anos (incluídos), acompañadas dunha persoa adulta. Só precisa a inscrición a/o nena/o. 

    Se por algún motivo non puiderdes vir á actividade, agradecemos que nolo comuniquedes para que poidan asistir outras persoas.

    Pídese puntualidade. 

  • Javier Martín

    TRCdanza: O Ponto impropio A/S/V

    Cando:

    17/04/2026

Axenda

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión