Exposición de Maribel Castiñeira Varela (XMÑ) e Isabel Soutullo.
Para público en xeral
Dende o 31/01/2026 ata o 26/02/2026
Luns a venres: de 08:00 h a 21:00 h
Sábados: de 09:00 h a 14:00 h e pola tarde de 16:00 h a 21:00 h
Domingos e festivos: pechado se non hai espectáculo programado
Centro Sociocultural Ágora. Lugar Gramela 17. 15010 A Coruña
de balde
agora@coruna.gal
Maribel Castiñeira Varela (XMÑ) é unha artista plástica galega de estilo abstracto expresivo. Comezou a súa traxectoria pictórica no ano 2019, desenvolvendo un proceso creativo intuitivo no que explora a emoción, a memoria e a fraxilidade humana. Realiza exposicións conxuntas coa artista Isabel Soutullo baixo o nome "Caras Amigas" e forma parte dos colectivos Galeoska e Somos los del 24. A súa obra foi exposta e proxectada internacionalmente a través de Artbox Projects en cidades como Nova York e Venecia.
Isabel Soutullo Álvarez, nacida en Coristanco, é unha artista polifacética e apaixoada que utiliza a súa creatividade para abordar temas de conciencia social e ambiental. A súa pintura establece un delicado equilibrio entre o figurativo e o abstracto, permitindo que o espectador se mergulle nun espazo onde emocións e ideas se entrelazan. Con cada pincelada invita á reflexión sobre a realidade que nos rodea; o seu estilo único non só resulta visualmente atractivo, senón que tamén promove un diálogo profundo sobre a importancia de coidar o planeta e ser conscientes das problemáticas sociais.
É membro do colectivo Galeoska e participa tanto en exposicións individuais como colectivas.

Dende o 09/01/2026 ata o 28/02/2026
Entrada libre

Dende o 03/12/2025 ata o 28/02/2026
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible