Amnistía Internacional convidou a Galicia a Ahmed Ali, defensor dos dereitos humanos exipcio para participar en diversas conferencias en A Coruña, Santiago de Compostela, Barbanza e Vigo, nas que partillará cos asistentes a súa historia e analizará a situación dos dereitos humanos en Exipto.
Para público en xeral
07/11/2016
Xa rematou
19.30 h
Centro Sociocultural Ágora. Lugar da Gramela 17. 15010 A Coruña
Entrada de balde até completar capacidade
A Coruña será a primeira cidade que visite o defensor durante a súa xira galega.
Presentará a Ahmed e moderará o coloquio a xornalista Valeria Pereiras.
Ahmed Ali Abdelhamid Ahmed Darraz , acollido en España por Amnistía Internacional dentro do Programa de Protección Temporal para Defensores/as en Risco, é testemuña de excepción da represión exercida polo réxime de Abdel Fattah al-Sisi contra toda a poboación exipcia, e especialmente contra os mozos, os defensores dos dereitos humanos e os xornalistas. Condenado no ano 2015 a 25 meses de prisión durante un xuízo no que non estivo presente, este fotógrafo e membro do movemento 6 de abril tivo que fuxir do seu país.
Con esta xira Amnistía Internacional quere achegar á sociedade galega a situación dos dereitos humanos en Exipto, cada día máis ameazados. Os seus defensores e os xornalistas son os colectivos sociais con maior risco de sufrir as consecuencias dun sistema xudicial cada día máis instrumentalizado e menos independente.

11/04/2026
Ata o 11/04/2026
Entrada libre ata completar a capacidade

20/04/2026
Acceso libre até completar capacidade

27/04/2026
Acceso libre ata completar capacidade

29/04/2026
Acceso libre até completar capacidade

18/05/2026
Acceso libre ata completar capacidade
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible