Charla en colaboración co Planetário do Porto. Esta actividade aborda a dimensión cultural, histórica e científica das eclipses e inclúe, así mesmo, orientacions para a súa observación segura.
Para público en xeral, Familias
20/07/2026
Acceso libre até completar capacidade
De 12:30 h. a 13:30 h, con espazo final para preguntas das persoas asistentes.
1 h aproximadamente
Biblioteca Municipal de Estudos Locais. Rúa Durán Loriga 10, 1º. 15003 A Coruña
Tel.: 981 184 386
O 20 de xullo ás 12:30 h, na Biblioteca Municipal de Estudos Locais recibiremos a Juan Nolasco do Planetario do Porto - Centro Ciencia Viva (Portugal), para falarnos das Eclipses ao longo da Historia.
A eclipse solar do 12 de agosto de 2026 será o fenómeno astronómico máis destacado do ano en toda a Península Ibérica. A partir deste evento, proponse unha viaxe a través da Historia, explorando como as eclipses foron interpretados entre o medo, o mito e a ciencia.
Así mesmo, abordaranse as súas representacións na arte, a literatura e a cultura, convidando o público a comprender e vivir este fenómeno de forma informada, consciente e segura.
Tamén che pode interesar

10/06/2026
Acceso libre até completar capacidade

10/06/2026
Entrada libre ata completar a capacidade

15/06/2026
Acceso libre até completar capacidade

21/07/2026
Entrada libre ata completar a capacidade.
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible