Concello da Coruña

Concello da Coruña

Axenda | Evento

Opcións

Qué?
Cuándo?
Dónde?
Distancia (metros)
É necesario que proporcione a súa localización actual para usar esta opción

Charla OUTRA FORMA DE VIVENDA

"Outra Forma de Vivenda" é un proxecto aberto á participación de calquera persoa ou organización interesadas, sobre vivendas accesibles,comunitarias e sustentables na cidade da Coruña.

A quen vai dirixido:

Para público en xeral

Cando:

07/10/2015

Xa rematou

Horario:

19.30 h

Duración:

1hora e media

Enderezo:

Centro Sociocultural Ágora. Rúa Ágora. 15010 A Coruña

Prezo:

Entrada libre ata completar capacidade.

Páxina web:

www.outraformadevivenda.org

Documentos:

trc3adptico-gal-v2.pdf (598 KB)

Quen somos?

Somos un grupo de persoas e profesionais de diversas áreas (terapia ocupacional, arquitectura, comunicación, traballo social, psicoloxía,...) que, baseándose en experiencias e problemáticas próximas, deciden unirse co interese de desenvolver esta iniciativa común.

Pódese tomar parte de dúas maneiras: como futuro/a residente e/ou como colaborador/a (con tempo e traballo, con achegas económicas, ou con calquera outro tipo de apoio).

Que queremos?

  • Impulsar un proxecto piloto de vivendas accesibles, sustentables e comunitarias, no que as persoas interesadas tomen parte activa na súa promoción, deseño e xestión.
  • Reivindicar o dereito a vivenda digna, tendo en conta as situación de cada unidade de convivencia.
  • Propoñer outra forma de construír e habitar, respectuosa e considerada co medio ambiente e coa saúde das persoas.
  • Estender a idea de habitar máis aló da vivenda propia, primando as relacións dentro da comunidade e co barrio.

Que propoñemos?

Pensamos que as vivendas deste proxecto deberían reunir como mínimo tres características. Así, serán:

a) Accesibles:

Ofrecendo a posibilidade dunha vida independente e autodirixida, que a través dun deseño universal e inclusivo, facilite a autonomía das persoas nas súas casas e actividades cotiás.

Con espazos accesibles que poidan axustarse ás necesidades específicas de cada unidade de convivencia, xa que non existe un modelo de vivenda ideal, senón unha vivenda única para cada un.

b) Comunitarias:

Facilitando a creación de sinerxias, tanto coa propia comunidade, como co seu barrio, en particular; e co tecido social, en xeral.

Fomentando a autonomía non só dentro do domicilio, senón tamén nos espazos comunitarios e no barrio.

Promovendo unha convivencia colaborativa e participativa dentro da comunidade, que atenda ás diferentes unidades de convivencia na súa diversidade, e que abranga a totalidade do proceso (formación do grupo, deseño, materialización e uso).

c) Sustentables:

Empregando materiais respectuosos co ambiente e coa saúde das persoas.

Con criterios de eficiencia enerxética (tanto na construción como ao longo da vida útil das vivendas), e de aforro e aproveitamento dos recursos en xeral (reciclaxe, materiais renovables, etc.)

Cun custo asumible que non supoña unha carga económica desproporcionada para os seus habitantes.

Porque xurde esta idea?

A raíz de experiencias propias, decatámonos da escaseza de recursos habitacionais que facilitasen o benestar e a promoción da autonomía das persoas. Existe unha necesidade real de que os fogares sexan accesibles, pensados dende o deseño universal, e onde calquera poida vivir acorde aos seus requisitos e á súa situación.

Ademais, entendemos que nos atopamos nunha etapa na que cabe mudar o xeito de facer as cousas, tanto no sentido de promover unha cidadanía activa disposta a participar da definición e construción do seu hábitat como no de incorporar decididamente o respecto pola natureza e a atención á problemática ambiental como eixo fundamental do proceso.

www.outraformadevivenda.org

Tamén che pode interesar...

Axenda

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión