Concello da Coruña

Concello da Coruña

Axenda | Evento

Opcións

Qué?
Cuándo?
Dónde?
Distancia (metros)
É necesario que proporcione a súa localización actual para usar esta opción

Charla: Reprodución humana

Actividade enmarcada dentro do ciclo temático "Realidades invisibles" co que queremos concienciar, visibilizar e contribuír a paliar os retos que ten a nosa sociedade, todos eles recollidos nos Obxectivos de Desenvolvemento Sostible.

A quen vai dirixido?:

Todos os públicos

A quen vai dirixido:

Para público en xeral

Cando:

04/03/2020

Entrada libre ata completar a capacidade

Xa rematou

Horario:

de 19.00 a 20.00 horas

Enderezo:

Biblioteca Municipal Fórum Metropolitano. Rúa Río Monelos 1. 15006 A Coruña

Contacto:

bforum@coruna.es

Tel.: 981 184 298

ODS núm. 3: Garantir unha vida sa e promover o benestar para todas/os e todas as idades

Desexar ter un fillo e non poder alcanzar ese desexo de modo espontáneo é unha fonte de tensión e angustia, o obxectivo desta charla é axudar a resolver as dúbidas que poidan xurdir arredor destes procesos e dese modo intentar que este camiño, que con frecuencia é longo, sexa o menos dificultoso posible.

Segundo os estudos epidemiolóxicos a esterilidade afecta a unha de cada seis parellas en idade reprodutiva e esta cifra está a experimentar unha evolución crecente.

Que é a esterilidade? É o mesmo a esterilidade que a infertilidade? Cales son os principais factores que afectan a esta evolución crecente? Cando debo consultar a un especialista? En que consiste un estudo básico de esterilidade?

Estes son algúns dos puntos básicos que trataremos. Falaremos da idade como unha das principais causas de esterilidade: idade reprodutiva social fronte a idade reprodutiva biolóxica.

Trataremos temas tan en auxe como a preservación de fertilidade ou a doazón de ovocitos, expoñeremos os seus puntos a favor e en contra. 

Patricia Buyo, a encargada desta charla, é médica especialista en xinecoloxía e obstetricia, na actualidade traballa no CHUAC e desde hai ano e medio con dedicación preferente na Unidade de Reprodución Humana.

Tamén che pode interesar...

Axenda

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión