Concello da Coruña

Concello da Coruña

Bibliotecas Municipais

Área de Fomento e Promoción da cidade

Realidades invisibles

"Realidades Invisibles" é o novo ciclo temático que abordaremos durante o primeiro trimestre do ano 2020 na Biblioteca Fórum Metropolitano.

Orixinariamente a palabra tabú empregábase para referirse a algo sagrado e prohibido. Se falamos en termos filolóxicos os tabús son palabras malsoantes que non se deben pronunciar en público. Porén, nas sociedades occidentais modernas, a idea de tabú adquiriu un novo significado que se emprega para  referirse a aquelas cuestións das que voluntariamente se elixe non falar. Esas son precisamente as realidades ás que queremos darlle voz e visibilidade. Temas que forman parte da vida cotiá e dos que inexorablemente debe falarse.

Con "Realidades Invisibles" aproximarémonos a temáticas directamente relacionadas cos grandes retos derivados dos cambios e fenómenos que vivimos: maior desigualdade, máis bolsas de pobreza, fenómeno migratorio, reprodución humana, etc. Retos todos eles recollidos nos Obxectivos de Desenvolvemento Sostible ante os que a sociedade actual non pode nin debe permanecer impasible.

O conxunto da sociedade, ao longo da historia, derrubou moitos tabús pero coa cultura do políticamente correcto instaurou moitos outros aos que todos debemos axudar a derrubar.

Amosar esas "Realidades Invisibles" non é máis ca unha mostra coa que queremos concienciar, visibilizar e contribuir a paliar os retos que ten a nosa sociedade.

Pensamos que visibilizando todo tipo de realidades se pode abrir debate, un debate social que, ¿quen sabe?, poida que chame polas políticas necesarias para reconducir a normalidade.

Busca no catálogo

Buscador de actividades

Escribe a palabra ou palabras que desexas buscar

Se o prefires, podes realizar a túa procura combinando distintos criterios. Só tes que acceder á procura avanzada

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión