De Mireia Gabilondo
Para público en general
Desde el 22/05/2026 hasta el 23/05/2026
20.30 h
*Unha vez que comece o espectáculo NON se poderá acceder á sala
Prégase puntualidade.
90 minutos
Teatro Rosalía de Castro. Calle Riego de Agua, 37, A. 15001 A Coruña
18'00, 14'00, 11'00, 8'50 € (desconto do 20% para +65 anos, Carné Xove, e persoas desempregadas; do 25% para familias numerosas)
*Todas as persoas que accedan ao recinto no que terá lugar o espectáculo deben facelo con entrada independentemente da idade que teñan ou de ocuparen ou non butaca.
JOSÉ MANUEL: 37 anos. Psicoterapeuta de éxito con parálise cerebral.LUCÍA: 35 anos. Sofre unha depresión por parálise emocional.YOLDI: 35 anos. Coidadora de plantas con parálise intelectual.MARTINA: 60 anos. Psiquiatra con parálise metafísica.Hai TRES ACTORES (aínda que CATRO PERSONAXES) porque LUCÍA sofre de trastorno de identidade disociativo, máis coñecido como personalidade múltiple; polo que tamén temos que falar de YOLDI, o outro "eu" de LUCÍA, que, polo trauma que ten LUCÍA, creou unha muller con discapacidades intelectuais.Hai outros dous personaxes, aínda que sexan Intelixencias Artificiais: ALEXA E ENMANUEL.Tres persoas, ou catro, mellor dito: LUCÍA ten unha depresión de cabalo que fai que viva unha experiencia vicaria a través de YOLDI, unha marabillosa moza con discapacidadeintelectual. YOLDI coidará as plantas de JOSÉ MANUEL, prestixioso psicoterapeuta que, por unha parálise cerebral, vese abocado a unha dependencia total. Só fala co seu psiquiatra dunha relación moi íntima que mantén con ALEXA, unha intelixencia artificial.MARTINA, psiquiatra, un pouquiño misántropa, que non pode máis. Non pode coa vida. Non é capaz deaxudar á súa filla Lucía. Vai tirar a toalla? Se cadra, si.
Con Aitziber Garmendia/Candela Solé (Lucía/Yoldi),Telmo Irureta (José Manuel) e Mireia Gabilondo (Marina)
Dirección: Mireia Gabilondo
Coprodución do Centro Dramático Nacional e Tanttaka Teatroa
Venda de entradas
Despacho de billetes da praza de Ourense, de luns a venres das 11.00 ás 15.00 e das 16.30 ás 19.30 h
Despacho de billetes do Teatro Rosalía: só abre os días de función dende as 16.00 h

10/05/2026

10/05/2026

12/05/2026
Desde el 08/05/2026 hasta el 12/05/2026
A inscrición comezará ás 10.00 h. A actividade está dirixida a crianzas de 3 a 6 anos (incluídos), acompañadas dunha persoa adulta. Só precisa a inscrición a/o nena/o.
Se por algún motivo non puiderdes vir á actividade, agradecemos que nolo comuniquedes para que poidan asistir outras persoas.
Pídese puntualidade.

13/05/2026

14/05/2026

15/05/2026
Dende o luns 11 de maio, entregaranse un máximo de dúas invitacións por carné de socia/o das Bibliotecas Municipais da Coruña (até esgotárense) ao coller libros ou outro material en galego para os levar en préstamo. Comproba o horario de apertura da túa biblioteca municipal de referencia.
De sobraren invitacións, estarán ao dispor do público o mesmo día do concerto (15 de maio) pola tarde na biblioteca do Centro Ágora.
Lo sentimos pero tu navegador es muy antiguo para poder mostrar esta página. Debes de actualizarlo o usar un navegador compatible. Hemos optimizado esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari y Microsoft Edge. Instalar ahora un navegador compatible