A gala de entrega de premios para a categoría de ESO celebrarase o martes 20 de maio, a partir das 17:00 horas, no Centro Sociocultural Ágora.
Para público en xeral
20/05/2026
A partir das 17:00 horas.
Auditorio do Centro Sociocultural Ágora. Lugar Gramela 17. 15010 A Coruña
A cuarta edición do programa municipal Cinema na Escola celebra a súa gala final, para a categoría de ESO, o mércores 20 de maio, a partir das 17:00 horas, no Centro Sociocultural Ágora.
Na gala, que contará coa presenza do Concelleiro de Educación, Formación e Innovación Tecnolóxica, Juan Ignacio Borrego, serán proxectados fragmentos dos curtos finalistas, desvelados os grupos gañadores e, finalmente, entregados os premios correspondentes (mellor curtametraxe, interpretación, guion, fotografía, efectos visuais, edición e montaxe, e edición de audio).
Como en edicións anteriores do programa, o público poderá votar ao que considera a mellor curtametraxe de cada unha das categorías (Primaria e ESO). Para iso, xa se poden visualizar os 18 curtos presentados nesta edición (9 de Educación primaria e 9 de ESO) na canle de YouTube de Educación do Concello da Coruña.
Para determinar os curtos gañadores do premio do público na categoría de ESO, teranse en conta as estatísticas de reproducións, likes e retencións entre o xoves 14 de maio ás 12:00 horas e o mércores 20 de maio ás 12:00 horas.
Grupos participantes na categoría de ESO
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible