Concello da Coruña

Concello da Coruña

Axenda | Evento

Opcións

Qué?
Cuándo?
Dónde?
Distancia (metros)
É necesario que proporcione a súa localización actual para usar esta opción

Cinema na Escola 2025-26: gala de entrega de premios (ESO)

A gala de entrega de premios para a categoría de ESO celebrarase o martes 20 de maio, a partir das 17:00 horas, no Centro Sociocultural Ágora.

A quen vai dirixido:

Para público en xeral

Cando:

20/05/2026

Horario:

A partir das 17:00 horas.

Enderezo:

Auditorio do Centro Sociocultural Ágora. Lugar Gramela 17. 15010 A Coruña

A cuarta edición do programa municipal Cinema na Escola celebra a súa gala final, para a categoría de ESO, o mércores 20 de maio, a partir das 17:00 horas, no Centro Sociocultural Ágora.

Na gala, que contará coa presenza do Concelleiro de Educación, Formación e Innovación Tecnolóxica, Juan Ignacio Borrego, serán proxectados fragmentos dos curtos finalistas, desvelados os grupos gañadores e, finalmente, entregados os premios correspondentes (mellor curtametraxe, interpretación, guion, fotografía, efectos visuais, edición e montaxe, e edición de audio).

Como en edicións anteriores do programa, o público poderá votar ao que considera a mellor curtametraxe de cada unha das categorías (Primaria e ESO). Para iso, xa se poden visualizar os 18 curtos presentados nesta edición (9 de Educación primaria e 9 de ESO) na canle de YouTube de Educación do Concello da Coruña.

Para determinar os curtos gañadores do premio do público na categoría de ESO, teranse en conta as estatísticas de reproducións, likes e retencións entre o xoves 14 de maio ás 12:00 horas e o mércores 20 de maio ás 12:00 horas.

Grupos participantes na categoría de ESO

  • IES Agra do Orzán, co curto "Ou móbil".
  • IES Elviña, co curto "Foliada eclipsada".
  • IES Eusebio da Guarda, co curto "Fogar".
  • IES Rafael Puga Ramón, co curto "Micelio".
  • IES Rafael Dieste, co curto "Log out".
  • IES Ramón Menéndez Pidal, co curto "Descoñecidos".
  • IES Salvador de Madariaga, co curto "O recado".
  • CPR Franciscanas, co curto "Soliloquio".
  • CPR Franciscanos, co curto "Cookies".

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión