O Planetario da Casa das Ciencias acollerá a sesión Verán do ciclo Modulartec-Vortex de música electrónica
Para público en xeral
18/06/2026
Ás 21 horas do 18 de xuño
Importante: unha vez iniciada a actuación non se poderá acceder á sala
Casa das Ciencias. Parque de Santa Margarita s/n. 15005 A Coruña
10 euros
Venda de entradas nesta ligazón
Sesión de verán do ciclo Modulartec-Vortex, coa interpretación de Nonadamal e Juan Lesta & Borja Bernárdez.
Nonadamal. Encontro entre tres creadores con décadas de traxectoria (Pablo Rega, Justo Bagüeste e Fatfish) que presentan unha colaboración sonora que transita entre o free jazz, a electrónica experimental e a improvisación, con especial atención ao detalle, a escóitaa profunda e compartida e á construción colectiva do son. Nesta ocasión, estarán Rega, guitarrista de referencia na improvisación e na música experimental, e Fatfish, selector e axitador sonoro e director de Modulartec.
Juan Lesta & Borja Bernárdez. Presentan a súa primeira sesión conxunta de visuais para MDLTRC VORTEX. Juan Lesta é artista visual e director audiovisual especializado en vídeo experimental, videoclips e videoinstalaciones inmersivas, cun traballo que dialoga entre a experimentación audiovisual, a música, a paisaxe e as instalacións lumínicas. Borja Bernárdez é artista especializado en visuais en tempo real para música electrónica e directos sonoros, autor do proxecto en solitario MAKYO, que investiga a metamorfose do dato visual e da imaxe dixital como territorio liminar onde a percepción se reinventa.
Nesta colaboración, despregan vídeo xenerativo, reactivo e imaxes da natureza, creando e modelando infinitas texturas e paisaxes oníricos.

Dende o 26/05/2026 ata o 12/06/2026

Os días 22/04/2026, 08/05/2026, 29/05/2026, 10/06/2026, 12/06/2026

12/06/2026

Dende o 11/06/2026 ata o 13/06/2026

Dende o 11/06/2026 ata o 13/06/2026

Dende o 12/06/2026 ata o 13/06/2026
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible