Concello da Coruña

Concello da Coruña

Concello da Coruña

Casa das Ciencias

A Casa das Ciencias é un museo interactivo do servizo municipal Museos Científicos Coruñeses que abriu as súas portas o 1 de xuño de 1985.

Situada nun palacete dentro do parque de Santa Margarida, conta cun planetario e tres plantas de exposicións: experiencias de física, exposición sobre péndulos e exposición sobre a astronomía nos medios de comunicación. No oco da escaleira central oscila un péndulo de Foucault.

EXPOSICIÓNS

> CEOS AUSTRAIS

Exposición fotográfica sobre os ceos do hemisferio sur con nove imaxes tomadas en Australia, Namibia, Chile e Bolivia polo astrofotógrafo Óscar Blanco Varela, na que se mostran estrelas e constelacións que non é posible observar dende as nosas latitudes.

> FÍSICA EN ACCIÓN

Xoga, sinte, imaxina, pensa, sorrí, soña... Experimenta cos módulos interactivos do primeiro piso, e esperta a túa curiosidade pola física. Na Casa das Ciencias o importante non son as respostas senón facerse preguntas: pode baixarse unha costa cara arriba?, como se moven as dunas?, que tamaño pode alcanzar unha pompa de xabón?

> PURO SWING

A exposición Puro swing é unha colección de quince módulos interactivos para xogar e experimentar sobre aspectos relacionados co movemento dos péndulos. Sube a unha randeeira diferente, comprende o segredo do botafumeiro, mira como a gravidade fai debuxos xeométricos ou descubre como funcionaban os reloxos antes de que houbese pilas.

> A ASTRONOMÍA COMO CHA CONTAN

A astronomía como cha contan é unha exposición sobre a forma en que os medios de comunicación tratan as noticias sobre astronomía e astronáutica. A información está distribuída en seis ámbitos que cobren desde a exploración do Sistema Solar ata os achados de planetas extrasolares ou a vida dos astronautas no espazo.

> PARQUE

As sorpresas da Casa das Ciencias traspasan as súas paredes e invaden o Parque de Santa Margarida. Proba a mover unha bóla de granito de 1.500 quilos cunha soa man ou sentar xunto a unha maceira clónica da de Newton, o que o inspirou para descubrir a lei da gravidade.

PLANETARIO

>> As entradas para asistir ao planetario da Casa das Ciencias só se poden adquirir na recepción do museo o mesmo día da sesión

Viaxa polo espazo e o tempo; aprende a mirar o ceo por ti mesmo/a e descubre todo o que esconde o firmamento.

Na escuridade do Planetario asoman as estrelas visibles a primeira ollada, a Lúa e os planetas. Os programas de astronomía e as sesións en directo achegan o universo a todos os públicos.

CARTELEIRA

Sábados, domingos e festivos:

  • 11.30 h: «La noche es necesaria». Maiores de 10 anos. (Excepto o último sábado de mes)
  • 13.00 h: «O ceo de Cloe». De 4 a 6 anos. (Excepto o último sábado do mes)
  • 17.00 h: «Polaris». Maiores de 7 anos
  • 18.00 h: «Lévame á Lúa». maiores de 10 anos

As persoas menores de 4 anos non poden acceder ao Planetario.

(As proxeccións comezan á hora indicada polo que pedimos máxima puntualidade. Unha vez que empece a sesión non é posible acceder ao planetario).

HORARIO

> INVERNO (xaneiro e febreiro)

Luns a venres: 10.00 h a 18.00 h*

Sábados, domingos e festivos: 11.00 h a 19.00 h*

*O acceso péchase 30 minutos antes.

1 e 6 de xaneiro: pechado

> PRIMAVERA (marzo a xuño)

Luns a domingo: 10.00 h a 19.00 h*

*O acceso péchase 30 minutos antes.

> VERÁN (xullo e agosto)

Luns a domingo: 10.00 h a 20.00 h*

*O acceso péchase 30 minutos antes.

> OUTONO (setembro a decembro)

Luns a domingo: 10.00 h a 19.00 h*

24 de decembro: 10.00 h a 14.00 h*

31 de decembro: 10.00 h a 14.00 h*

*O acceso péchase 30 minutos antes.

25 de decembro: pechado.

ENTRADAS

>> As entradas para visitar as exposicións e o planetario da Casa das Ciencias adquírense na recepción do museo, pero se queres estar seguro/a de que terás sitio, reserva a entrada con antelación aquí: reserva de entradas

> Xeral: 2 euros. Suplemento do Planetario: 2 euros

> Reducida*: 1 euro. Suplemento do Planetario reducido*: 1 euro.

*Menores de 16 anos; maiores de 65; persoas desempregadas, tras a presentación do documento acreditativo; Carné Xove, carné de estudante e membros de familias numerosas, tras a presentación do documento acreditativo.

> Gratis 

  • Festivos locais do Concello da Coruña (21 de febreiro e 24 de xuño de 2023)
  • Día da Ciencia na Rúa (6 de maio de 2023)
  • Día dos Museos (18 de maio de 2023)
  • Semana da Ciencia
  • Persoas con discapacidade
  • Menores de 4 anos
  • Guías turísticos/as no desenvolvemento das súas tarefas, tras a presentación de carné acreditativo.
  • Persoal docente, debidamente acreditado
  • Estudantado da Universidade da Coruña, tras a presentación de carné acreditativo
  • Xornalistas, debidamente acreditados/as
  • Membros da Asociación de Amigos da Casa das Ciencias
  • Membros da Agrupación Astronómica Coruñesa Ío.

> Bono Tres Casas: 12 euros

  • Bono tres casas: permite o acceso ás salas de exposicións da Casa das Ciencias, Domus e Aquarium Finisterrae (só un acceso por museo). É necesario conservar o bono en perfecto estado.

> Tarxeta Vente: 20 euros

> Tarxeta Vente Mini*: 10 euros

*Menores de 16 anos e maiores de 65

  • Tarxetas Vente e Vente Mini: son nominativas, permiten o acceso ás salas de exposicións da Casa das Ciencias, Domus e Aquarium Finisterrae durante un ano natural que se conta desde a data de emisión (sen límite de accesos) e será necesario presentar o DNI cada vez que se utilicen.

VISITAS ESCOLARES

Se nos queres visitar cun grupo escolar, consulta toda a información aquí.

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión