Concello da Coruña

Concello da Coruña

Axenda | Evento

Opcións

Qué?
Cuándo?
Dónde?
Distancia (metros)
É necesario que proporcione a súa localización actual para usar esta opción

Contacontos: Os Bolechas: Familias Acolledoras

Descubrimos a realidade do acollemento familiar e visualizamos a diversidade familiar da man da Acougo, asociación galega de familias de Acollida.

A quen vai dirixido?:

De 3 a 7 anos

A quen vai dirixido:

Infantil, Familias

Cando:

30/09/2025

Xa rematou

Inscricións:

Dende o 23/09/2025 ata o 30/09/2025

Require inscrición

Horario:

De 18:00 a 19:00 horas

Enderezo:

Biblioteca Municipal Fórum Metropolitano. Rúa Río Monelos 1. 15006 A Coruña

Número de prazas:

25

Contacto:

A través dun contacontos desenvolvido pola Asociación Acougo arredor do libro "Os Bolechas. Familias acolledoras", onde Balbino chega á casa dos irmáns Bolechas para compartir temporalmente con eles fogar e aventuras, abórdase a realidade dos nenos e nenas e adolescentes que pasan por procesos temporais de acollida e dáse a coñecer esta medida de protección da infancia, ademais de sensibilizar sobre distintas realidades vitais de nenos e nenas.

Un segundo conto completa a sesión, e a continuación as crianzas poderán realizar unha guía didáctica, e resolveranse dúbidas sobre o sistema de protección e o acollemento familiar.

Tamén che pode interesar...

Axenda

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión