Contacontos
Infantil. 3 a 7 anos / familias
En que consiste Merendas con Contos?
É un programa de animación á lectura dirixido a familias con nenas e nenos de 3 a 7 anos no que os ratiños e ratiñas de Lonxedetodo visitarán a biblioteca, achegarannos aos libros e á música dunha forma atractiva e lúdica.
A actividade, que executa a compañía Trinke Trinke Teatro, desenvolverase de forma presencial nas salas infantís das distintas bibliotecas seguindo as restricións de capacidade e medidas de prevención vixentes debido a pandemia pola Covid-19.
Como participar
Para poder participar en Merendas con Contos requírese inscrición previa. A inscrición ábrese unha semana antes da realización de cada sesión, ás 10.00 horas. As prazas adxudícanse por rigorosa orde de inscrición.
Cada nena/ou con praza terá que vir acompañado dun adulto (e só dun adulto por, de novo, medidas Covid-19).
Onde e cando
Día | Hora | Prazas | Frecuencia* | Biblioteca |
Luns | 18.00 h | 15 | 1 ou 2 ao mes | Biblioteca Ágora |
Martes | 18.00 h | 12 | 1 ou 2 ao mes | Biblioteca Sacra Familia |
Mércores | 18.00 h | 15 | 1 ou 2 ao mes | Biblioteca Monte Alto |
Xoves | 18.00 h | 15 | 1 ou 2 ao mes | Biblioteca Castrillón |
Venres | 18.00 h | 15 | 1 ou 2 ao mes | Biblioteca Vos Rosales |
Sábado | 12.00 h | 15 | 1 ou 2 ao mes | Punto de servizo bibliotecario Mesoiro |
Sábado | 18.00 h | 10 | 1 ou 2 ao mes | Biblioteca Durán Loriga |
Martes (alternos) | 18.00 h | 20 | 1 ou 2 ao mes | Biblioteca Fórum |
*De outubro a xuño.
No transcurso de todas as actividades o persoal bibliotecario realiza fotografías co único obxectivo de subilas logo aos escaparates virtuais, redes sociais e/ou incluílas en carteis ou guías nos que se publicitan os programas, actividades e servizos das bibliotecas.
Se non desexas saír nestas fotografías, por favor, fala connosco antes do inicio da actividade.
Escribe un texto para efectuar a busca.
Escribe a palabra ou palabras que desexas buscar:
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible