A exposición recibirá a visita de 385 estudantes de 10 centros de dentro e fóra da cidade entre os días 26 e 30 de xaneiro.
Para público en xeral
Dende o 26/01/2026 ata o 30/01/2026
Centro Sociocultural Ágora. Lugar Gramela 17. 15010 A Coruña
O Concello da Coruña realiza, entre os días 26 e 30 de xaneiro de 2026, o programa divulgativo para escolares Converxencias, arte e ciencia 2026: Juan Gris - Exposición , desenvolvido pola Institución Galega de Ciencia (IGACIENCIA) e o Servizo Municipal de Educación.
A actividade ten como obxectivo principal mostrar, a través da práctica, as sinerxias e os vínculos entre a arte e a ciencia, propiciar a comprensión do método científico, a resolución de problemas, o espírito crítico e o interese social pola ciencia e a innovación como base do progreso.
Nesta edición, o programa inclúe unha exposición sobre a figura do pintor Juan Gris, que se exhibirá no Centro Sociocultural Ágora. Participarán un total de 385 estudantes e 24 profesores de ESO e Bacharelato de centros da cidade e doutros centros de Galicia.
A exposición permanecerá aberta ao público en xeral desde o luns 26 ata o venres 30, en horario de 15:00 a 21:00 horas.

Dende o 12/01/2026 ata o 27/02/2026
O prazo de inscrición finaliza o día 31 de xaneiro, pero a memoria poderase presentar ata o 27 de febreiro.

Dende o 08/01/2026 ata o 27/02/2026

Dende o 19/01/2026 ata o 27/02/2026
Para os centros de fóra do municipio, o prazo de inscrición abrirase o día 21 de xaneiro.

Dende o 23/02/2026 ata o 02/03/2026
Dende o 19/01/2026 ata o 06/02/2026
Para alumnos/as matriculados/as en centros de fóra da cidade, non matriculados e persoas adultas, o prazo de inscrición será do 26 de xaneiro ao 6 de febreiro.

14/03/2026

22/05/2026
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible