Concello da Coruña

Concello da Coruña

Axenda | Evento

Opcións

Qué?
Cuándo?
Dónde?
Distancia (metros)
É necesario que proporcione a súa localización actual para usar esta opción

Dania Diva - Sueño de Calíope - Xiara

Este recital forma parte do PROGRAMA CULTURA ACTIVA, iniciativa da Asociación Cultural de Artistas Vocálitis de Pontevedra, para dar a coñecer o seu labor promocional con novos artistas locais. O público gozará destas ofertas converténdose en mecenas de proxectos culturais.

A quen vai dirixido:

Para público en xeral

Cando:

14/04/2018

Xa rematou

Horario:

Dania Diva - 19.30 h

Sueño de Calíope - 20.30 h

Xiara - 21.30 h

**Pídese puntualidade. Unha vez comezado o concerto non se permitirá o acceso á sala.

Enderezo:

Centro Sociocultural Ágora. Lugar da Gramela 17. 15010 A Coruña

Prezo:

Dania Diva - 10,00 € (carné xove, maiores de 65 anos, persoas desempregadas: 9,00 €)

Sueño de Calíope - 10,00 € (carné xove, maiores de 65 anos, persoas desempregadas: 9,00 €)

Xiara - 10,00 € (carné xove, maiores de 65 anos, persoas desempregadas: 9,00 €)

**As persoas beneficiarias dos descontos deben mostrar o documento que acredite o desconto no momento de comprar a entrada e do acceso ao recinto.

Televenda:

Ticketea

Organiza:

Asociación de Artistas Vocálitis

DANIA DIVA - Belas Arias de Ópera

Soprano cubana ofrece o seu recital Luce dell´aria onde nos fala sobre as arias de ópera, á súa vez interpretaranos famosas arias do repertorio operístico máis coñecido tales como: arias de La Boheme, Madame Butterfly de Puccini, da ópera Norma de Bellini, e desde La Habanera Carmen de Bizet conclúe coa actuación especial dos bailaríns de tango Karina More e Jorge Rodrígues.

Merque entradas para Dania Diva

SUEÑO DE CALÍOPE - Presencia y sonido

O dúo Sueño de Calíope, a voces e piano, cunha longa traxectoria de actuacións e concertos, formando parte destacada do panorama musical vigués emprendeu unha serie de iniciativas relacionadas co seu último disco titulado Presencia y sonido baixo o lema de Galicia Consciente desenvolve as súas rutas e xornadas expositivas Presencia y sonido.

Neste recital informarán sobre as súas iniciativas e interpretarán música propia con variado estilo harmónico - rítmico.

Merque entradas para Sueño de Calíope

XIARA - Versos de sal

Cantautora e pianista viguesa ofrece o seu recital coa súa música propia, desde a copla nova ata o un bolero orixinal ou unha balada renovadora xunto á actuación de mocidade instrumentista invitada creando un espazo de jam sessión fusión.

Merque entradas para Xiara

VENDA DE ENTRADAS

Despacho da Pza. Ourense: de luns a venres (excepto festivos) de 9.30 a 13.00 e de 16.30 a 19.30 h

Despacho do Ágora: día do espectáculo desde 1 h antes (só se quedan entradas dispoñibles)

Televenda: 902 044 226 (de luns a venres de 9.00 a 22.00; sábados de 14.00 a 22.00; domingos de 16.00 a 21.00 h)

Tamén che pode interesar...

Axenda

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión